Así me gusta ao meu a información, repentina.
Onte empecei a ver estes carteis dunha concentración de coches clásicos este fin de semana, co que hoxe vola presento para o que lle poida interesar.
Ista é a información que aparece (dende o 31 de maio, ¡vaia! iso si é antelación) na web municipal:
Datas: 4, 5 e 6 de xuño de 2010
Lugar: Paseo marítimo do Burgo
- Exposición de coches clásicos, históricos e deportivos
- Presentación da maior colección privada hispano-alemá.
- Exhibición de condución sobre asfalto esvaradío a partir das 17:30.
- Paseo de regularidade.
- Participación destacada: SUSO FERREIRO e ROBERTO LORENZO, campeóns de España de coches históricos.
Organizan: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Culleredo e Automóvil Club Culleredo.
Lástima que só "queiran" coches clásicos, tendo en conta que o Golfos Ártabros Escúter Clube, con sede tamén en Culleredo, dispoñemos de varias Vespas e Lambrettas, tamén clásicas (e hai socios que teñen outro tipo de motos tamén clásicas), pero que se lle vai facer, estes non deben saber iso "da unión fai a forza".
Pero bo, tendo en conta que organiza o Concello de Culleredo, digo eu que non teremos problema de colaborazón, cando nos queiramos facer unha concentración de SÓ motos clásicas, ¿non?.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 2 de junio de 2010
II Encontro de coches clásicos, históricos e deportivos de Culleredo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario