viernes, 30 de abril de 2010


Expoclasicos en Ferrol - 3. O resto dos vehículos

E chegamos ao derradeiro capítulo do percorrido pola III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época có que me faltaba por mostrarvos, o resto dos vehículos que alí se presentaron:

Unha boa coleción de escarabellos:

Entereime no propio salon que teño uns "veciños" de afeción e eu sen sabelo, o Automóvil Clube de Culleredo, que presentou unhas boas máquinas:

e teñen o que parece ser o único Hispano Aleman Valencia que existiu:

Un precioso DeSoto:

Os membros do Automovil Club de Galicia, tamén aportaron moi boas máquinas:


Tamén estaba presente a Asociación Club Jeep Clásico e Militar de Galicia:

A empresa XLCars, cos seus fantásticos coches americanos:




E en xeral, moi boas xoias da automoción:

E un dos máis chamativos (a miña forma de ver) dos que alí se expuxeron, foi este raro Gogomóvil:

Tedes o resto das fotos no seguinte album Picasa:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 29 de abril de 2010


Expoclasicos en Ferrol - 2. As motos

Ademáis das motos que levamos o Golfos Ártabros Escúter Clube, había tres stands máis onde puideronse ver magníficas xoias das dúas rodas.

Diante de nos estaba o stand do moto clube Fogeteiros de Narón, con poucas, pero preciosas máquinas:

é coma non, unha Vespa tamén:

Un pouco máis adiante tíñamos aos amigos de García e Carballeira Clásicas, que se dedican a restaurar Vespas e Lambrettas e trouxeron unha boa mostra dos seus traballos:

E finalmente estaba o stand das motos de particulais, onde poidemos ver de todo, dende estas belezas con sidecar:

pasando por outras clásicas das nosas antigas estradas:

ata chegar ás extravagancias coma esta preciosa custom:

ou esta "caixa" que non sei onde a inventaron:



Tedes o resto das fotos das motos asistentes ao Expoclásicos 2010 de Ferrol, no seguinte album Picasa:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 28 de abril de 2010


1 de Maio - IV Concentración "Terras de Padrón"

Como todos os anos, o próximo 1 de Maio os amigos da Asociación Motos Antigas Terras de Padrón celebran a IV Concentración de Motos Clásicas "Terras de Padrón".



Ata alí imos ir o Golfos Artabros Escúter Clube, para gozar dunha xornada chea de vellas máquinas.

Segundo comentounos a organización, como sempre a incripción será ás 10 horas e a saída ás 11 horas, dende a Praza de Abastos (ligazón ao Google Maps)

+ info

- Enviade un mail a am0941@motosantigasdepadron.com
- Na sua web motosantigasdepadron.com
- No gol-Foro tedes todala información sobre os horarios e lugares de saida do desprazamento que faremos o Golfos Artabros Escúter Clube.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 27 de abril de 2010


Expoclasicos en Ferrol - 1. Crónica e fotos

O pasado fin de semana o Golfos Ártabros Escúter Clube asistimos invitados a montar unha caseta na III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, celebrada no FIMO en Ferrol e, a pesar dos comentarios que oín doutros expositores, para min, foi todo un éxito.


Dende o comezo da montaxe da caseta:

no que o gran espazo que nos reservaron pareceunos excesivamente grande e catro motos nunha esquina parecía que ía ser imposible encher "decentemente" toda a caseta:

Segundo iamos colocando máis motos e adornos:

a cousa xa foi tomando cor e aos poucos conseguimos unha distribución e calidade final da caseta, nada despreciable (tendo en conta que era a primeira vez que nos metiamos nun berenxenal así)

Todalas fotos da casetaneste album Picasa.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 21 de abril de 2010


Come o mundo!!!

Iso pon nos carteis de publicidade que, desde fai uns cantos meses, colgan das panaderías (fornos fanse chamar agora,¿?) San Brandán.

E visto o cartel non se se o de ¡cómete o mundo! é polos sabores das empanadillas, ou por que coa Vespa amarela podes ir onde queiras e con cantos queiras.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 19 de abril de 2010


Expoclasicos en Ferrol

O próximo fin de semana, celébrase no recinto feiral de Punta Arnela de Ferrol (FIMO - Feira Internacional de Mostras do Noroeste), a III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, onde o Golfos Artabros Escúter Clube fomos invitados a montar unha caseta.

Así que, todo aquel amante dos vellos cacharros, que se emociona ao ver tanta historia da automoción xunta, ten unha cita ineludible do 23 ao 25 de Abril en Ferrol.

E ademais, todo o que queira coñecer en persoa ao Golfos Artabros Escúter Clube, ver algunhas das motos dos socios, recibir información, adquirir merchandising, ou simplemente saudarnos, alí estaremos recibíndovos cos brazos abertos.

Como complemento ao Expoclásicos, o sábado 24 vaise a celebrar o IV Rallye de Ferrol Histórico, organizado pola Escudería Ferrol.


+ info:

- FIMO
- Web Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
- Escudería Ferrol


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 18 de abril de 2010


Metela LD "en cintura"

Xa que comecei (máis ou menos) coa restauración da Lambretta LD, decidín "metela en cintura" para podela gozar o máis posible.

Para iso acábome de comprar este cinto, para que así poder gozar deste precioso modelo, onde e cando queira.

Vexo que cada día estoume volvendo máis friqui.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 16 de abril de 2010


Perry e a súa escúter

Dende que a TDT entrou nas nosas vidas, aos que somos pais, tamén descubrimos dúas canles "case" imprescindibles (en ocasións) Clan TV e Disney Chanel.

É neste último onde, tras ver ata a saciedade capitulo tras capitulo a serie de animación Phineas Y Ferb, descubrímos coma, dous nenos, que fan cada día cousas máis extravagantes, teñen unha irmá que é unha chivata e unha mascota bastante peculiar, un ornitorrinco.

Éste chamase Perry, e ademais é o "Axente P", un axente dobre que traballa incansablemente para salvalo mundo do malvado Dr. Doofenshmirtz.


Non sei que lles deu aos creativos cos ornitorrincos, porque noutra serie que xa vos comentara no seu día (The Koala Brothers), tamén saía un ornitorrinco conducindo unha escúter.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España