Este fin de semana (17 e 18) celébrase no concello pontevedrés de Pontecesures a VI Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, en horario de 10:00 a 22:00 H.
Para os que sexan un pouco máis "larpeiros", dicirvos que coincide coa Festa dá Lamprea.
Esta información é a que aparece na web do concello de Pontecesures:
SABADO 17 de Abril
10.00 h: Apertura da VI Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión nesta xornada.
12 h: Pasarruas e actuación a cargo do grupo XARANDEIRA de Pontecesures.
12.30 h: Concentración de distintos modelos de Porches na zona da Feira.
17.45 h: Acto Inaugural da VI Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión.
18 h: CONCURSO DE EMPANADAS DE LAMPREA
19 – 22 h: Despacho de pinchos de empanada e lamprea á bordelesa, ó prezo único de 3 € pincho (incluída bebida).
22 h: Peche da xornada da VI Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión.
Pola tarde amenizará a Charanga Santiaguiño.
DOMINGO 18 de Abril
10.h: Apertura da VI Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión nesta xornada.
11.00 h: Concentración de Coches Antigos nas rúas centrais de Pontecesures e na Prazuela.
13:00 h: Recepción das Autoridades na Casa do Concello.
13.15 h: Ofrenda floral no Monumento ás Feiras do Automóvil Antigo.
13.30 h: Visita das autoridades á Feira do Automobil Antigo e de Ocasión.
13.45 h: Pregón da Festa da Lamprea, a cargo do popular humorista e actor “Tacho González”.
14:00 h: Festa Gastronómica da Lamprea, tanto para o público en xeral como para as autoridades, na carpa situada para a degustación no peirao de Pontecesures
- Actuación do grupo ALGUEIRADA de Pontecesures nesta xornada.
- A Charanga SANTIAGUIÑO amenizará con pasarruas a festa.
- Acuarium con lampreas vivas.
20 h: Clausura da VI Feira do Automobil Antigo.
+ info:
- Eventos del motor
- Concello de Pontecesures
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 14 de abril de 2010
Feira do Automóbil Antigo en Pontecesures
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario