viernes, 16 de abril de 2010


Perry e a súa escúter

Dende que a TDT entrou nas nosas vidas, aos que somos pais, tamén descubrimos dúas canles "case" imprescindibles (en ocasións) Clan TV e Disney Chanel.

É neste último onde, tras ver ata a saciedade capitulo tras capitulo a serie de animación Phineas Y Ferb, descubrímos coma, dous nenos, que fan cada día cousas máis extravagantes, teñen unha irmá que é unha chivata e unha mascota bastante peculiar, un ornitorrinco.

Éste chamase Perry, e ademais é o "Axente P", un axente dobre que traballa incansablemente para salvalo mundo do malvado Dr. Doofenshmirtz.


Non sei que lles deu aos creativos cos ornitorrincos, porque noutra serie que xa vos comentara no seu día (The Koala Brothers), tamén saía un ornitorrinco conducindo unha escúter.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: