Anque cun par de días retrasado:
¡ ¡ ¡ N O R A B O A C A M P E Ó N ! ! !
e gracias por ofercernos a todos un marabilloso espectáculo deportivo, non só por unha gran final, senon por unha inolvidable semifinal, española, de vértigo.
Gracias tamén, por demostrar que a rivalidade non está rifada coa cabalerosidade para có contrario, e gracias, finalmente, por seguir mantendo viva a interese televisiva por outros deportes que non sexan o dichoso futbol.
"Nadal sigue facendo historia" - como pubricaban moitos titulares dos xornais - "por seren o primeiro español en gañar o Open de Australia".
Si Australia, ese continente que en teoría tiña que selo máis parecido ao noso, pero coas estacións trocadas, non se parece nin no nome, onde podeste atopar dende un aboríxen seudoprehistórico, a un cowboy ao máis puro estilo americano, ou un metropolitá europeo.
E que dicir da sua fauna, pelícanos, canguros, koalas, demos de tasmania ou ornitorrincos.
E ¿qué e un ornitorrinco?, o mister potato do mundo animal ou ¿qué? Un mamífero ovíparo con aspecto de pato e de vida anfibia, pero ¿esto que es o que es? Pois segundo a serie de animación The Koala Brothers, o perfecto conductor de escúter:
Este e Alice, co seu escúter verde:
Equí están o resto de persoaxes, e a escúter aparcada nun lado:
E que me dicides deste debuxo para colorexar:
Podedes descarregaros este e outros debuxos para colorexar, pichando nesta ligazón da serie The Koala Brothers e seleccionando as distintas opcións da web (os que temos fillos, agradecemos bastante este tipo de recursos).
Pero, en definitiva, o ornitorrinco e ao mundo animal, o que a Lambretta Pony1 ao mundo escuterista, aproveitando os repostos da fábrica de Eibar, e ante a imposibilidade de plantexarse proxectos novos, os enxeñeiros da marca e baixo o conceto de imitar unha Honda Dax made in Eibar, foron unindo retais ata dar cun resultado non menos que descutible:
Escapes do ciclomotor, depósito da Honda PS50, faro da 125D, o gardabarros dianteiro era o traseiro da escúter, etc...foron presentados, formando este extraño modelo, coa ocasión do Salón do Automóvil de Barcelona de 1972, pero non chegou a fabricarse en serie.
Outro prototipo que se queda na memoria.
1 Fonte: libro "LAMBRETTA (SERVETA) La eterna segundona (1954-1990)" de Francisco Herreros, editorial MOTO RETRO, ISBN 84-931915-3-1
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario