
O recen formado Scutre Clú de Cuntis (Pontevedra) ten prepara unha concentración escuterista para o próximo día 15 de Marzo, baixo o nome de I Vespalacón, e aproveitando A FESTA DO LACÓN CON GRELOS desa localidade.
Segundo din na sua web:
- poderán asistir todos aqueles que presuman de Vespa ou Lambretta.
- a inscripción será gratuita (únicamente haberá que pagalo xantar, que rondará os 6 €)
A xornada completarase cun fermoso paseo polos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña.
Haberá agasallos para os clubes asistentes e sortearanse invitacións para disfrutar do AquaForm no balneario de Cuntis.
Para o que queira irse anotando, enviade un mail a info@vespalacon.com
Eiquí tedes o fantástico deseño do valo da vespaLaconada:
+ info:
· Vespalacón.com
· Blog de Vespadicto
· Foro de Vespeinados.com
Ireivos mantendo informados de calquera novidade que se produza.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario