jueves, 2 de septiembre de 2010


IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa

Chegou, por fin, unha nova edición da Volta a Galicia en Vespa e Lambretta, A Xacovespa, e xa vai pola 4ª.


Os próximos 11 e 12 de setembro, aproveitaremos o ano xacobeo para realizar o "Camiño de Santiago" desde Pedrafita do Cebreiro (a 134 kms de Santiago).


O domingo 12, partiremos sobre as 11:30 h, para percorrer o camiño ata Santiago desde a saída "oficial" no Cebreiro (Lugo).


O percorrido procuraremos que coincida co do Camiño Frances, polo que tradicionalmente realizanse as seguintes etapas:

Etapa 25 O Cebreiro - Triacastela (21,100 km)
Etapa 26 Triacastela - Sarria (18,300 km)
Etapa 27 Sarria - Portomarín (22,400 km)
Etapa 28 Portomarín - Pas de Rei (25 km)
Etapa 29 Palas de Rei - Arzúa (28,800 km), no km 15 está Melide onde pararemos a xantar.
Etapa 30 Arzúa - Pedrouzo (19,100 km)
Etapa 31 Pedrouzo - Santiago (20 km)

O xantar do domingo realizarase na localidade de Melide ás 14:30 h, no Hotel Carlos 96.

Posteriormente continuarase camiño ata chegar finalmente a Santiago (sobre as 17:30) onde se dará por finalizada a 4ª edición da Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa.

Se non queredes ir directamente o domingo, haberá algúns asistentes á Volta que pasarán a noite do sábado na localidade de Pedrafita.

Tendes toda a información nos foros dos clubs escuteristas galegos, onde poderedes anotarvos como asistentes:

- Golfos Ártabros Escúter Clube.
- Avispados de Ourense.
- Vespeinados de Vigo.

e na web Vespadicto.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: