viernes, 10 de septiembre de 2010


Spy Magazine - Sorteo de camisetas

Spy Magazine é unha revista gratuíta onde se pode atopar información sobre cultura, moda, música e deseño e que nos podemos descarregar dende a súa web.

Segundo defínense eles mesmos:

"Sen límites, sen distancias.

As propostas e as citas máis innovadoras do mundo da arte xa teñen cabida en Spy Magazine.

Este novo espazo non só acolle as páxinas, contidos e entrevistas da revista, senón tamén unha información actualizada de galerías, eventos e artistas que non podes perderte.

Spy Magazine

Un novo espazo para a arte."

Teñen en marcha un sorteo de camisetas con motivos cinéfilos, no que eles mesmos din:

"Nesta ocasión imos render homenaxe á historia do Cine, tal e como mostran os logos de Paul Frank para o inverno 2010. Dende as películas do cine dos anos 50's como "Vacacións en Roma", pasando polos icónicos personaxes de ciencia ficción de King Kong, Cat Woman ou Superman. Todo un elenco de estrelas para os máis cinéfilos."

Estas son as camisetas, as primeiras son o modelo de mozo e as segundas de moza:


Como ben podedes apreciar, eu quédome con este modelo de camiseta de moza, porque sera? jeje:

Grazas Marta, pola pista que me deixaches na miña entrada de "Julius & Friends & escúter"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: