O pasado sábado, tal e como xa vos adiantara, celebrouse o III Memorial Jose Ramallo "Pequecho" en Culleredo.
A pesar da choiva que caeu minutos antes de comezar a concentración de motos o ambiente en xeral foi moi bo.
Ata alí achégueime para ver aos participantes e a saída da ruta da maña polos distintos lugares do concello de Culleredo.
Unha moto que me chamou poderosamente a atención foi esta Vespa PK 125 XL Elestart do propio Concello de Culleredo, que era a que se utilizaba antes para repatir os bandos oficiais polas distintas parroquias.
Pódese dicir que esta é a auténtica Vespa Culleredo.
Tamén se puido ver unha Maxiscooter Ventrix, 100% electrica:
Pero non foron as únicas Vespas da xornada, xa que por alí apareceron varias máis (e como non, a T5 tiña que ser dun Golfo Artabro, jeje)
Pola tarde achégueime a vela exhibición que estaba prevista de Trial, pero despois de ver durante un bo intre ao un rapaz facendo bike-trial, non me quedei para ver o trial en moto así que non vos podo ensinar nada dese momento.
Podedes ver todalas fotos que saquei durante a xornada neste album Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 27 de septiembre de 2010
III Memorial Jose Ramallo "Pequecho" - As fotos
Etiquetas:
Concentracións,
Concentracións galegas,
Culleredo,
Exposicións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario