martes, 14 de septiembre de 2010


Fotos da Xacovespa

Como ben saberedes (non será que non o repetín veces) o pasado fin de semana celebrouse a IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa e eu estiven alí.

Desafortunadamente nesta ocasión asistín como acompañante en vehículo de apoio en lugar de facelo como participante, xa que a 160 o sábado dixo que non acendía e non acendeu.

En lugar diso dediqueime toda a xornada do domingo a sacar centos de fotos (xa que son de gatillo fácil, jeje) e este é o resultado:


O resto das fotos neste album Picasa:



O relato de como foi a IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa podédelo ler na web do amigo Damián, Vespadicto.es, xa que eu co das fotos e a edición do vídeo que estou elaborando, xa teño bastante.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: