O pasado fin de semana, celebrouse no ExpoCoruña, a segunda edición do showroom de moda urbana e emerxente Daisy Market , e ata alí funme para ver "o que se cocía".
A verdade é, que para estar cheo de tocados, crochet?, comprementos e demais historias, gustoume bastante xa que a posta en escea, simulando unha paisaxe luar (ou iso dicía a organización) foi moi curioso:
Pero claro, eu como sempre íame fixando no que me ía fixando, ata que vín isto adornado un panel:
e para alí funme.
Era a caseta de Onuri, uns mozos vascos que fan uns deseños con retais cosidos a man, que quitan o senso:
E está claro, a miña Vesp-frikada non se puido conter e agora son o orgulloso posuidor desta camiseta:
Pero non foi a única Vespa que vin polo Daisy Market xa que cando saín do ExpoCoruña encontreime con esta:
Tendes o resto das fotos que saquei no Daisy Market 2010 nesta albume Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 30 de septiembre de 2010
DaisyMarket 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario