Como?? Que non vos decatastes?? Pois si, si, hoxe celébrase unha xornada de Folga Xeral en España, que, á miña forma de ver, paréceme máis un acto político publicitario que unha posible presión para buscar solucións á crise, porque..... bo ..... mellor non sigo xa que isto é un blog de escúteres e non de politica.
O que pasa é que tiven que mencionalo porque o que máis me preocupa dunha Folga Xeral son os piquetes, que nalgunhas ocasións son máis activos que informativos, e esta imaxe resume á perfección o posible resultado da acción dun piquete para evitar que "traballase" hoxe no blog:
Esta Vespa está na Rua Alberto Pinto, de Barreiro-Setubal, Portugal.
Eiquí tendes a ligazón ao Street View de Google Maps
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 29 de septiembre de 2010
Folga Xeral
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario