jueves, 19 de noviembre de 2009


Amence, que non é pouco


É unha das mellores comedias do cine español de todos os tempos, dirixida por un inspiradisimo José Luis Cuerda, que conseguiu o Goya ao mellor guión orixinal. E cun dos mellores repartos do cine español que inclúe a Antonio Resines e ao inesquecible Luis Ciges nun dos seus papeis máis recordados.
Unha película de culto que este ano celebrou o seu 20 aniversario ao grande.

Un par de carteis:


E ¿de que vai a peli?, pois segundo a web Máis que cine, a sinopse é:

"Teodoro (Antonio Resines) é un novo enxeñeiro español que traballa como profesor na Universidade de Oklahoma e regresa a España para gozar dun ano sabático. Descobre ao chegar que Jimmy (Luis Ciges), o seu pai, matou á súa nai. Para compensarlle a perda e para poder realizar viaxes de pracer xuntos, Jimmy comproulle unha Vespa con sidecar a Teodoro. Pai e fillo chegan a un remoto pobo da montaña. O pobo parece baleiro pero en realidade é que todos os veciños, menos o negro Ngé Ndomo, están en misa, como cada día do ano. O cura dáse tal maña coa liturxia que non hai fiel que queira perderse o espectáculo. Jimmy e Teodoro van descubrindo as peculiaridades de pobo e dos seus habitantes e teñen ocasión de participar nas eleccións xerais que se celebran cada ano nas que se elixen, por rigorosa votación, os cargos de alcalde, cura, mestre, puta, marimacho en período de proba e seis adúlteras. Ademais dos seus estraños habitantes o pobo está agora repleto de visitantes: un grupo de estudantes da Universidade norteamericana de Eaton, uns meteorólogos belgas, un grupo de disidentes dos Coros do Exército Ruso, invasores camuflados do pobo de arriba."

E, ¿qué ten de interesante a maiores esta fantástica película? A preciosa Vespa 125 con sidecar coa que entran no pobo Jimmy e Teodoro.


Xa sabedes, se queredes gozar desta xoia do cine español, poderédela ver mañá Venres, ás 22:00 horas en Versión Española, na 2 de TVE.

+ info:

- Versión española
- Na wikipedia
- A webMás que cine

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 18 de noviembre de 2009


Un dedo de escuma, dous dedos de fronte

Onte, vendo Buenafuente, Andreu fixo mención a unha campaña, da que él fora xurado, que me pareceu moi interesante non so pola mensaxe que pretende difundir, como por un dos vídeos finalista do certame.

Ese vídeo que vos menciono é este, titulado Boas costumes e realizado por María Velilla García:


Segundo dise na web da campaña:

"O certame creativo "Un dedo de escuma, dous dedos de fronte" é unha campaña educativa para un consumo responsable de cervexa.

A finalidade desta campaña é concienciar aos mozos maiores de idade sobre o consumo responsable e moderado de cervexa.

Os promotores do consumo moderado de alcol, e desta campaña, son:

- Cervexeiros de España. Entidade que representa ao conxunto do sector cervexeiro en España.

- A Confederación de consumidores e Usuarios (CECU), que é a primeira confederación constituída en España sobre a base das asociacións de consumidores das comunidades autónomas.

- A Unión de Consumidores de España-UCE, que é unha asociación sen ánimo de lucro composta polas Unións de Consumidores de diferentes provincias.

Colaboran tamén na campaña o Ministerio de Medio Ambente e Medio Rural e Mariño, o Goberno de Navarra, o Instituto da mocidade de Extremadura e a Concejería de Cultura de la Junta de Extremadura.
"

info:

- Web do certame

Parécenme estupendas todas as posibles campañas que pretenden concienciar á xente no consumo responsable de alcol, xa que, se con iso conséguese quitar polo menos a un condutor bébedo da estrada, o camiño vaise facendo cada vez máis curto.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de noviembre de 2009


Amerimbretta 2009

Os Amigos de las Motos Antiguas de Chivilcoy - AMACH, dende Arxentina, informaronme do que teñen organizado para esta fin de semana, o Amerimbretta 2009

Tedes a información e o programa de actos nesta ligazón, y dí así:

"Hola amigos, queremos comunicarlles o programa para o Amerimbretta, o día 14 de novembro, esperamosvos a partires das 16 h. na nosa sede ubicada na avenida Echeverría e Vicente Loveira onde recibiremosvos con café e refresco.

Sábado 14

20.00 h. Concentración na Praza 25 de Maio.
22.00 h. Cea na Pizzería Libre na Rua Bolivar (Esquina Pellegrini) cun importe aproximado de $25.-

Domingo 15

8.30 h. Concentración na Sede de Amach e benvida aos que cheguen ese día.
10.00 h. Saida en caravana á ruta cun percorrido de 40 km.
13.00 h. Xantar na parrillada cun importe aproximado de $40.
16.00 h. Destrezas na Praza 25 de Mayo.

Os que queiran aloxarse nun hotel, custará entre $60 e $90 por noite.
Os que queiran acampar poderán facelo nun camping moi cómodo e económico.
"

Teño que dicir que me queda un pouco lonxe para poder asistir, e iso de cruzalo charco non sei eu, pero gracias Eduardo pola información. Pasadeo moi ben.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 12 de noviembre de 2009


Bye bye Vespa, traducido?? Máis ben, interpretado

Coma xa vos puxera nun anterior post unha pequena banda deseñada títulada Bye bye Vespa, da cal descoñecía máis datos, incluso en que idioma estaba feito, hoxe traivos a traduzón (máis ben a interpretazón que eu fixen) do mesmo.

Grazas a que me encontrei un precioso video coa montaxe das viñetas, que estaba subtitulado en inglés, o cal facilitoume notablemente a traduzón dos textos COREANOS!!!.


Buscando un pouco máis de información sobre esta paranoica banda deseñada atopeime con que esta e outras historias forman parte do libro Globalizazón da idade adulta (Globalization of Adulthood), do debuxante de banda deseñada e ilustrador Park Hyung-Dong, que mediante as historias que compoñen o volume capta a sutil inquietude e a ansiedade dos nenos no borde da idade adulta.

Neste caso, un mozo que se da conta de que xa non pode ser un neno, decide deixar a sua banda de rock, así como a sua noiva, e despidese da sua amada Vespa cunha derradeira viaxe.

Todas as historias teñen un nexo común, os medos no proceso de crecemento que imo experimentado.

O uso de persoaxes populares (Mickey ou Jerry, de Tom e Jerry), engade un pouco de ambente surrealista ao libro.

Cada episodio conta tamén con cinco motocicletas clásicas diferentes, añadindo cor á elaboración de cada historia.

Fonte: _list Books from Korea

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 10 de noviembre de 2009


Vespa en Stop Motion

Fai un par de post faleivos dunha homenaxe a Michael Jackson, feita en Stop Motion que é unha técnica de animazón que consiste en aparentalo movemento de obxetos estáticos capturando fotografías.

Hoxe tráiovos un vídeo realizado co mesmo sistema pero cun tema e un título máis "noso", Vespa - A Special Tour:

Esta feito polo artista Giacomo Salizzoni e podedes ver este e outros traballos seus na súa web www.giacomosalizzoni.com.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 5 de noviembre de 2009


Milo Manara, debuxante

Milo Manara, nome completo Maurilio Manara nado en Luson, o 12 de setembro de 1945, autor italiano de banda deseñada erótica. Entre as súas obras están a serie Il gioco (1983) e Il profumo dell'invisibile (1985).(Fonte Wikipedia).

Pero nesta ocasión achégoo ata todos, non polos seus debuxos eróticos, senón por unha viñeta que me atopei dun das suas bandas deseñadas (descoñezo cal), na que se ve, como non, unha vespa:

Preciosas curvas, verdade??

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 4 de noviembre de 2009


Homenaxe a Jacko

O falecemento de Michael Jackson motivou que cada día saian máis e máis homenaxes, máis que merecidos, a este xenio da música.

Nesta ocasión e grazas aos amigos do Facebook, vin este video feito en Stop motion con tres protagonistas de excepción, Michael Jackon, Mr Bean e unha vespa.

Eiquí o tedes:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 2 de noviembre de 2009


Mercadillo e exposición de motos antigas en Goian

Este fin de semana celébrase unha nova edición do xa tradicional mercadillo de Goian - Tomiño (Pontevedra), que, ano tras ano, vaise consolidando como unha cita ineludible para os amantes das dúas rodas clásicas.

Nesta ocasión ademais da exposición de motos clásicas e a venda e recambio de motos clásicas, ofertarase recambio de coche clásico.

Así que xa sabedes, este sábado e domingo tedes unha cita no Pavillón Polideportivo de Goian.

Os horarios serán:

Sábado : de 10:00 a 14:00 e de 15:30 20:30 horas
Domingo: de 10:00 a 14:00 horas

+ info:

- Moto Club Dalle Gas

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España