jueves, 19 de noviembre de 2009


Amence, que non é pouco


É unha das mellores comedias do cine español de todos os tempos, dirixida por un inspiradisimo José Luis Cuerda, que conseguiu o Goya ao mellor guión orixinal. E cun dos mellores repartos do cine español que inclúe a Antonio Resines e ao inesquecible Luis Ciges nun dos seus papeis máis recordados.
Unha película de culto que este ano celebrou o seu 20 aniversario ao grande.

Un par de carteis:


E ¿de que vai a peli?, pois segundo a web Máis que cine, a sinopse é:

"Teodoro (Antonio Resines) é un novo enxeñeiro español que traballa como profesor na Universidade de Oklahoma e regresa a España para gozar dun ano sabático. Descobre ao chegar que Jimmy (Luis Ciges), o seu pai, matou á súa nai. Para compensarlle a perda e para poder realizar viaxes de pracer xuntos, Jimmy comproulle unha Vespa con sidecar a Teodoro. Pai e fillo chegan a un remoto pobo da montaña. O pobo parece baleiro pero en realidade é que todos os veciños, menos o negro Ngé Ndomo, están en misa, como cada día do ano. O cura dáse tal maña coa liturxia que non hai fiel que queira perderse o espectáculo. Jimmy e Teodoro van descubrindo as peculiaridades de pobo e dos seus habitantes e teñen ocasión de participar nas eleccións xerais que se celebran cada ano nas que se elixen, por rigorosa votación, os cargos de alcalde, cura, mestre, puta, marimacho en período de proba e seis adúlteras. Ademais dos seus estraños habitantes o pobo está agora repleto de visitantes: un grupo de estudantes da Universidade norteamericana de Eaton, uns meteorólogos belgas, un grupo de disidentes dos Coros do Exército Ruso, invasores camuflados do pobo de arriba."

E, ¿qué ten de interesante a maiores esta fantástica película? A preciosa Vespa 125 con sidecar coa que entran no pobo Jimmy e Teodoro.


Xa sabedes, se queredes gozar desta xoia do cine español, poderédela ver mañá Venres, ás 22:00 horas en Versión Española, na 2 de TVE.

+ info:

- Versión española
- Na wikipedia
- A webMás que cine

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: