lunes, 30 de julio de 2012


A miña volta a España en Vespa

Así é como bautizou Fernando Jorde a aventura na que se embarcou e que arrinca hoxe desde San Sebastian.

Como o mesmo dicía onte en Facebook: "Quero compartir a aventurilla de dar a volta a España en Vespa.. iso espero... Mañá saio de San Sebastián. Faime moita ilusión saír por todo o cantábrico ata Galicia, baixar ao sur, e subir polo mediterráneo para volver á miña cidade. Sen présas. Apetéceme compartilo aquí cos scooteristas de España e algúns amiguetes. Que a vespa acompáñeme!!! " Desde aquí estaremos atentos ao teu perfil de Facebook,para seguir as andanzas desta fantástica aventura. Moita sorte e non esquezas avisar cando chegues a Galicia, que serás moi ben recibido. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 27 de julio de 2012


Unha nova recopilazón de tatuaxes escuteristas

Eiquí vos traio unha nova recopilazón de tatuaxes escuteristas:

Y o derradeiro, duns amigos de Vigo ;-)
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 26 de julio de 2012


IV Golfo-Escuterada en Cabanas (A Coruña)

O próximo domingo 5 de Agosto, o Golfos Ártabros Escúter Clube, organizamos a nosa 4ª Golfo-Escuterada.

O lugar elexido para esta edición é a praia da Magdalena, no concello coruñés de Cabanas, continuando co espíritu do clube de facelas concentracións no entorno do Golfo Ártabro.


Ver mapa más grande

Nesta ocasión o xantar está limitada a 100 comensais e todo aquel que estea interesado de disfrutalo debe enviar un mail para reservalo cuberto a golfosartabros@gmail.com Para máis información podedes consultalo Gol-Foro. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 24 de julio de 2012


Vespa clube Galicia

Aproveitando que mañá, dia 25 de xullo, é o Dia de Galicia, teño que facer mención ao novo e recén creado Vespa Clube Galicia, no que, moitos dos vespistas galegos, vemonos totalmente identificados.

Moitas grazas aos promotores desta iniciativa 100 % galega, para conseguir que o vespismo galego traspase fronteiras e facernos notar en todolo mundo. Grazas, mil grazas. Podedes seguir ao Vespa Clube Galicia no Facebook. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 20 de julio de 2012


Outra curiosa Vespultura

Consultando a versión online da revista fotográfica "Arte Fotográfico", encontreime con esta curiosa montaxe escultórica, cuxo protagonista é, como non, unha Vespa:

Según estamos vendo, parece que, as nosas queridas escúteres, dan moito xogo escultórico.... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 19 de julio de 2012


Brighton, revivindo parte da historia mod

O domingo 17 de xuño, cando regresaba de Londres, me dí un paso por Brighton e sorprendeume verme mergullado nas localizacións da película Quadrophenia.

Pero o miña máis grata sorpresa foi ver, cando regresaba á miña TX, unha pequena concentración de escúteres Mod no paseo marítimo, un pracer para a miña vista.

O resto das fotos tedelas nesta ligazón. Mágoa que non pode achegarme ata os cantiis das Seven Sisters, pero prometo volver .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 18 de julio de 2012


Unha vespultura

Pareceume moi curiosa e bonita esta escultura.

Se alguén sabe onde está que mo diga, please... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 17 de julio de 2012


Hoxe a praia

Anque pareza incrible hoxe será o segundo día de praia en moito tempo, así que... á praiña ........

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 16 de julio de 2012


Bob Vesponxa

Quén vive na piña no fondo do mar??? Mira que leva anos triunfando Bob Esponja e levando recoñecementos, pero nesta ocasión si que lle fixeron unha boa homenaxe, a Vesponxa:

Xa vedes como hai xente pra todo, pero temos que recoñercerlle que fixeron un traballo incrible. Podedes seguir todolo proceso de modificación no foro alemán Vespaonline.de. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España