miércoles, 31 de marzo de 2010


Unha Vespa, para pisar forte

Espero que vos guste tanto como ao meu leste novo regalito que me fixo a miña muller.

Logo de desenvolvelo e ver a caixa, xa vos podeis imaxinar:



Si, si, os dous logos xuntos, Vespa & Adidas:




Que vos parece o modeliño de zapatillas? Chulas, verdade?




Ata o papel interior no que veñen envoltas é unha preciosidade:



Se ata os persoais están serigrafiados cos dous logos:



Agora se que podo dicir que podo deixar unha gran Vespa-pegada:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 29 de marzo de 2010


Bat-girl e a sua escúter

Xa que no seu día mostrarabos aa bat-Vespa, hoxe traiovos a Batgirl montada tamén nunha escúter, para non ser menos.


Vina en flickr, ¿onde si non?

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 27 de marzo de 2010


Esta canción conta unha historia, real como a vida mesma

Atopeime con este vídeo, que creo que mostra unha interpretación perfecta do que nos sucede a moitos por culpa de involucrarnos tanto nunha restauración, xa que, os que non temos espazo (os pisos de hoxe en día, xa sabedes), convertemos os nosos fogares en auténticos talleres-degüaces, onde calquera habitación é boa para gardar ou traballar as pezas.

· Título: "I can't strip my Lambretta down in the kitchen ska blues", algo así como "Non podo desmontar a miña Lambretta na cociña".

· Grupo: The Animal Jack Band


Aquí teneis el enlace.

Mágoa que estea cambiando a tendencia da compra barata a paisanos que, pártense de risa, crendo que estamos tolos por comprarlle un ferro vello que tiña tirado na palleira.

Hoxe máis ben eses paisanos, pídenche unha millonada, por unha moto totalmente esnaquizada, porque "viron na internete que se pagan moi ben".

Aínda así seguiremos buscando vellas xoias para restaurar e manter viva esta afección.

+ info:
- The Animal Jack Band en MySpace

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 25 de marzo de 2010


A partires de hoxe, V & L Culleredo noutros idiomas

Dende hoxe xa está dispoñible un novo menú coas traduciones a outros idiomas deste blogue.

Vespa & Lambretta dende Culleredo pasa a seres un pouco máis internacional.

Os idiomas nos que se vai traducir son:

- Vespa e Lambretta de Culleredo
- Vespa & Lambretta aus Culleredo
- Vespa et Lambretta de Culleredo
- Vespa & Lambretta from Culleredo
- Vespa e Lambretta da Culleredo
- ベスパ&ランブレッタCulleredoから
- Vespa & Lambretta από Culleredo
- Vespa & Lambretta от Кульередо

E se o que queres é unha traduzón a outro idioma distinto, podédelo facer gracias a Google Traslate

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 24 de marzo de 2010


Topos & Classicos

O "II Salão Intenacional de automóveis e motociclos antigos - Topos & Classicos" celébrase en Braga (Portugal) este fin de semana.


Nun recinto de 15.000 m2 (interiores e exteriores), os organizados esperan repetir o exito obtido o ano pasado, contando con numerosos visitantes e unha boa colección de vehículos antigos.

Só esta foto de diversas escúteres xa vale a pena o achegarse a Braga.


+ info:
- Salón Topos & Classicos
- Revista Topos & Classicos
- CR Motor Events

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 23 de marzo de 2010


Unha Vespa para o Pai Casares

Para os que non vistes o capítulo de onte pola noite de sériea Pai Casares, que emite a TVG, ao final do capítulo regálanlle ao cura unha Vespa:


Podeis ver o capítulo 81 completo, que é do que saquei este extracto, picando nesta ligazón.

Nos agradecementos dos créditos fan mención a quen lles deixou a Vespa:



quen vai ser senón, os Golfos Ártabros Escúter Clube e en especial Andres, que para iso a Vespa é súa, grazas.

info:

- PadreCasares.com
- TVG - Televisión de Galicia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 22 de marzo de 2010


Xa é primaVespa !!!

Por fin!!!!


Esperemos que, agora se, acábese xa o frio polar, as choivas torrenciais e os ventos tempestuosos, porque este inverno levouse a palma.


Agora que xa é primavera espero que empece a lucir o sol, os días alárguense" cada vez máis e as noites tengán unhas temperaturas máis agradables para poder gozar máis, se cabe, de pasear montando as nosas queridas escúteres.

Á e agora, a esperar o calendario de concentracións de motos clásicas, que supoño que moi pronto estará dispoñible.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


Fallas 2010, lástima de Vespa queimada

A noite pasada foi a cremà das fallas, momento final das festas e para moitos o máis alegre e triste ao mesmo tempo.

O que é unha pena é queimar esculturas tan marabillosas coma esta:






O gracioso desta falla, é a imaxe de Ratzinger Z na "Vespapamovil":



Visto en MotoBlog.it

+ info:

- Fallas.com
- Fallas.es
- CiberFallas
- FallasValencia.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 18 de marzo de 2010

Lucky 13, unha banda deseñada moteira


O outro día, cando vos comentei o dos debuxos de Joe Bar Team, acordeime de que, fai uns cantos meses, apareceron tamén os debuxos de Lucky 13, un novo personaxe que, a través de varios cómics, quere potenciar a seguridade en moto, mediante consellos de condución, circulación e comportamento xeral cando se circula sobre unha.


Istes debuxos están promovidos pola Asociación Nacional de Empresas do Sector de dúas rodas (anesdor) e a Asociación Europea de Fabricantes de Motocicletas (ACEM) e foron realizados por Studio Noord.

É unha boa iniciativa para intentar, dun xeito agradablemente visual, levar a todos os públicos o tema da seguridade das motos.


Menos mal que nun par de capítulos, aparece algún escúter, porque non se pode esquecer ninguén que as nosas escúteres TAMÉN SON MOTOS:


Eiquí tedes a relación de todolos episodios (pulsade sobre eles para ver a versión en pdf):

1. Cómo evitar problemas nos cruces
2. Perigos ao borde da estrada
3. Superficies da estrada
4. Derramamentos de diesel e líquido
5. Superficies dañadas e reparadas
6. Dispositivos que acougan o tráfico
7. Perigos da noite
8. Refugallos na estrada
9. Illotes centrais
10. Curvas
11. Curvas con diminución do radio
12. Metal e pintura
13. Tratamentos no invierno e para o xeo

+ info:

- Anesdor.
- ACEM.
- Lucky 13

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de marzo de 2010


Xa chegou a casa o novo proxecto, Lambretta Ld

Xa teño eiquí o meu novo proxecto, unha (futura) prezosa Lambretta Ld, que me trouxen metidiña no "maleteiro":

O problema foi que me costou desfacerme do outro proxecto que tiña comezado (Lambreta Li serie II), pero non hai mal que por ben non veña, xa que este modelo pareceme moito máis bonito:

Podedes ver que choio ten un rato, pero as restauracións son así, lentas, con moito traballo e custosas, así que ánimo e ao touro. (menos mal que me animo eu mesmo)



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de marzo de 2010


O video do Scooter Festival A Coruña

Máis vale tarde que nunca, eiquí traiovos o video do pasado Scooter Festival na Coruña.

A pesares de ter un lixeiro problemiña co audio orixinal (problemas de copyright xa sabedes) o resultado final foi, ao meu xuicio, bastante bo, xuzgade vos mesmos:


A ligazón

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 12 de marzo de 2010


Exposición Moto Vespa y Clásicas Verín

Os amigos do Vespa Club Verín, enviáronme este correo electrónico, con información moi interesante sobre unha Exposición-Paseo que van celebrar o vindeiro domingo, 21 de marzo, en Verín (Ourense).

A continuación reprodúzovolo:

"Ola Vesperos !!

Enviámosvos este correo para informar que o dia 21 de Marzo, na vila e corte de Verín, celébrase, unha Exposición-Paseo Moto Vespa e Clásicas, celebramiento paralelo á exposición de coches clásicos.

Este evento esta organizado polo Concello de Verín e Vespaquetequero Verín.

O evento inclúe, o parque pechado para todos os vehículos, paseo polas rúas e a contorna da Vila, con degustación na prestixiosa Adega de ROBERTO VERINO.

A continuación, comida nun restaurante da Vila, acompañados dos participantes da exposición de coches clásicos.

A inscipción neste evento custase 10 € por persoa como achega. (Un agasallo para cada moto)

Esperamos contar con todos vós.

Rogamos confirmen asistencia por correo electrónico ou teléfono.

Achegamos cartel do evento.

Un saúdo.

Vespaquetequero Verín
"


Ten moi boa pinta aínda que á miña cáeme un pouco lonxe, (todo é animarse loxicamente), espero que o paseis moi ben.

+ info:
- vespaquetequero@gmail.com
- Teléfono de contacto: 600 466 887

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de marzo de 2010


Joe Bar Team escuterista

Tal e como poidemos comprobar no pasado Vespalacón, haber hai Vespas e Lambrettas para todolos gustos, así coma preparacións moi personais.

Este é o caso desta Vespa "capotada" que chamou bastante a atención.


O máis curioso é que no me dín conta do que me recordaba ata que vin o video que publiquei nun post anterior, e ao que corresponden estes fotogramas:



¿No vos recorda esta figura aos debuxos do Joe Bar Team?


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 8 de marzo de 2010


Fotos do Scooter Festival da Coruña

Os amigos de www.zetacenter.com montáronllo bastante ben no 1º SCOOTER FESTIVAL da Coruña.

Unha ruta secreta pola comarca, desde a cidade ata o faro de Mera



despois regresando de novo ata o Monte de San Pedro e finalmente percorrendo todo o paseo marítimo da Coruña

con parada "obrigada" para a foto diante da Torre de Hércules:

para chegar de novo ao Porto Centro de Ocio para gozar dos desfiles de moda (cunhas novas modelos):

a entrega de premios (que por certo o meu Vespa 160 levou o da escúter mellor decorada):

e sorteo de agasallos entre todos os participantes, como fin de festa escuterista.

Aínda que a xornada alargouse ata ben entrada a noite, na Terraza Rocco.

Parabén aZ-Center pola idea, organización e resultado.

Eventos deste tipo son sempre ben recibidos polo colectivo escuterista e procuraremos apoialos e potencialos sempre.

Teneis o resto das fotos neste album Picasa:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 5 de marzo de 2010


II Salón erótico de Galicia & película recomendada

A partir de hoxe e durante todo o fin de semana celébrase no recinto feiral da Coruña - Expocoruña, Eros Galicia '10, II Salón Erótico de Galicia, cunha chea de actividades e espectáculos para todo o que queira porse os dentes longos (entre outras cousas).

Isto traeme á mente un "peliculón porno" titulado "Una Vespa 50 che mi toglie i problemi", algo así coma "Unha Vespa 50 que me traia problemas", aínda que sabendo o enxeñosos que son os tradutores das distribuidoras supoño que aquí a traducirian en plan poetico coma "Miña Vespa e o meu pollón, uns pican e outros non" ou algo máis explícito coma "Voiche petalo escape".


Coa "participación extraordinaria" de Donna D'Enrico e con Nuvola Nera (nin me sonan) e con ¡¡¡ Valentine Demì !!!, menos aínda, ou non estou posto no tema das "estrelas do porno" ou non as coñece nin a súa nai.

A película é para vela, ofrécenos curiosas perspectivas dunha Vespa de cor rosa, que é lugar de encontro amoroso dunha "fogosa" parella.

Desexo que vos guste.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España