jueves, 31 de julio de 2008


¿Tomámonos un café nunha cunca-mbretta?

Xa sabemos que tomarse un café, en boa compañía, é máis agradable, pero se ademais tomámolo nun recipiente que nos alegre a vista e axúdenos a gozar máis da nosa scooter-paixón, pois tanto mellor.

Para iso, que mellor que esta colección de cuncas de Lambretta, ou sexa, Cunca-mbrettas:

(Vista en EBay)

(Vista en The Pod Company)

(Vista tamén en Ebay)

(Vista en The Armed Forces Scooter Club)

(Última vista en Ebay, cunha mensaxe clara "O Scooterismo é unha paixón e non unha moda")

E estas tres vinas en ScooterGifts:



Pero para os scooters-indecisos, ou simplemente cun gran espírito mod, este pode ser o seu santo graal:

(Visto en Mod Cow)

E agora, a durmir, aínda que con tanto café non sei eu.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 29 de julio de 2008


Ves-caN

"A curiosidade matou ao gato", ou iso é o que din, e, xa que no meu anterior post mostreivos a Vespa pilotada por un Shar-pei, entroume a curiosidade por ver se había máis "frikis" que relacionasen Vespas con cans.

E vaia se os hai.

Xa deixando ao carón as fotos dos que levan ao can de paseo con eles:

(Foto dun cazador co su can (pointer, pareceme), vista en Jupiter Images)

Ou máis actualmente:

(Vista en flickr)

(Vista na Galería pública de David en Picasa)

(Vista en PBase)

Aínda que neste último caso obsérvase unha falta de seguridade clara, non só do acompañante humano, senón tambien do can condutor (que para iso vai diante).

Para liquidar este problema deberían de recorrer a Zoomer Gear, que é unha empresa especializada en roupa e complementos para o perfecto can-biker.

Alí atopeime este casco:


aínda que tamén se pode adquirir un similar en Dammtrax:


Pero aínda así sempre queda algún inconsciente que cre que o mellor sitio para levar ao can é surfeando no remolque da moto (este tema tratareino noutra ocasión):



Visto en Funny videos de Video Heaven

Menos mal que a estes os parou un pouco máis adiante, este axente de Tráfico da "Gatia Civil":


Bromas aparte e continuando cos frikis, sempre hai algún que lle dá por montar ao seu chihuahua nunha Vespa a escala:


Pero o peor de todos, o que leva a medalla de ouro da relación can-vespa, vina no Blog de Asta, ""Asta's World", que é unha Foxterrier (por certo, unha preciosa raza, eu tiven un durante 12 anos), á que o seu dono non fai máis que crear uns foto-montaxe, que non sabería como describir, como di esa verdade universal, "unha imaxe vale máis que mil palabras":



Pero o máis forte ("que fuerte, que fuerte" que diria o tomate, DEP), é esta homenaxe-ofensa á oscarizada película, icona dos scooteristas, Vacacións en Roma:



Para acabar, xa que ao anterior démoslle a medalla de ouro, a este ímoslle a dar o premio especial do xurado, por converter a sua Vespa, nun Ves-can:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 28 de julio de 2008


Vaia puntazo

A verdade que vense cousas curiosas relacionadas coas scooters, pero esta imaxe impresionoume:



Pero ¿a quen se lle pode pasar pola imaxinación, facer un foto-montaxe cun Shar-pei pilotando unha Vespa, levando de paquete a un gato?

Esta arrepiante imaxe vina en Posters Point, unha tenda de posters, láminas e puzzles en Internet, e curiosamente é un puzzle de 500 pezas da marca Clementoni.

¡¡¡ Xa temos agasallo para os próximos Nadais !!!

Tamén en Posters Point, vin estas láminas:

One Small Sip; de la artista Liana Piccinn
Town Excusion; del artista Blackard
Vespa; del artista Sergio Lombardino
Roma, 1952; del artista David Lees
E, finalmente, a que máis me gustou titulada Italian Design, La Vespa

Más info en Posters Point.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 25 de julio de 2008


Día de Galicia


Hoxe Día de Galicia, invítovos a todos a coller as vosas vellas glorias e percorrer Galicia, de Norte a Sur e de Este a Oeste, para que todo o mundo vexa, que os scooteristas tamén celebramos gustosos "o día da patria galega".

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 21 de julio de 2008


Atracción de feira

O pasado martes día 15 finalizaron as Festas de Vilaboa, lugar no que resido, e non podo pasar a oportunidade de mostrarvos as imaxes dunha atracción de feira que montaron no campo da festa.

Pertence ao xa clásico carrusel das cadeas, e dos vehículos que ofrecían para montarse atopábase este par de Vespas:




O que sempre me preguntei, con respecto ás atraccións de feira, así en xeral é:

Cal é o criterio que se segue para a elección desa "popular" música dance para as atraccións infantís? Quen di se unha canción é pinchable ou non? Porque os que retransmiten as atraccións falan igual tanto estean nunha tómbola como na nora? e, o que é máis importante, Quen é o deseñador que cre que a localización máis correcta de dúas Vespas é entre o coche dos Picapiedra e un autobús escolar?

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 20 de julio de 2008


Galván en Saor

"Galván en Saor" e o título dunha das novelas mais coñecidas de Darío Xohán Cabana, Gañadora do Premio Xerais de Novela 1.989, xa vai pola súa 17ª edición, e eu intereseime por ela cando hoxe vin a súa portada nunha librería.

Votadelle unha ollada:

E curioso como gracias a paixón polos scooters, se pode dar a casualidade de descubrir grandes libros e escritores galegos, que, se non fora pola imaxe da portada, ni tan siquera miraría para el.

Noraboa maquetistas e ilustradores de Edición Xerais.

Atopeime neste enlace un resumo do libro, que, despois de ollalo, animoume a ler o libro.

Atentos o argumento:

"A historia desenvólvese en dous espazos cronolóxicos paralelos, un na Galicia actual e outro na Bretaña artúrica.

Galván, o protagonista, chega a Saor despois de abandoar a demanda do Grial que lle encomendara o seu tío, o rei Artur, aos seus cabaleiros; e hospédase na taberna de Inés e Masito. Alí vai ver a Merlín que co tempo vai perdendo os poderes.
Durante a súa estadía na taberna adoitaba saír na moto, mais cando o facía vivía aventuras propias da Bretaña artúrica. Nunha destas saídas atópase cun anano preso por un cabaleiro verdoso ao que libera e que lle conduce ata o castelo de Mirez onde viven el e Silvania que teñen asediado os seis irmáns do cabaleiro verde que matou Galván.
Cando chegan Silvania e Galván namóranse mutuamente e este último, antes de voltar á taberna de Inés, promete liberar o seu castelo do asedio o día seguinte ao mediodía. O día seguinte mata a dous irmáns máis, o cabaleiro vermello e o alaranxado, nun ataque sorpresa.
Despois disto, ao estar á garda o exército destes cabaleiros, Galván foi ao seu castelo e liberou 500 presos e formou con eles un exército co que derroutou aos 4 irmáns restantes e finalizou co asedio, aínda que saíu malferido da batalla.
Volveu a taberna de Inés para non preocupala nin a ela nin a Masito e volveu partir, esta vez coa corazonada de atopar o Grial e, aínda que pensaba ir só, Silvania quixo acompañalo. Deste xeito, camiñaron durante días ata chegar a unha gran montaña (co cumio nevado) onde había unha sala, de onde saiu unha serpe que matou Galván, cun altar onde debía estar o Grial pero non estaba.
Despediuse de Silvania definitivamente e volveu para a taberna de Inés e Masito onde o veu buscar un amigo co que foi a Bretaña a última batalla do Rei Artur contra o seu fillo Mordrez, onde o seu sino era morrer.
"

Eu non son moito de ler, e moito menos en galego, pero xa que éste libro entroume polos ollos, prometo lelo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 19 de julio de 2008


Anuncios Vespa

Atopeime no blog tv spot, un anuncio para o mercado canadense moi divertido.

Segundo cita neste blog "O seu efectismo baséase na fusión do humor cunha transmisión clara da mensaxe ao espectador, sen reviravoltas e directo ao target, para que máis?. Está moi conseguida tamén a combinación de personaxes reais na contorna animada (atención entre o público ao neno que chora e ao home que vomita)".

Título "Vespa: Not Built for Jumping, Built for Love (Vespa: Non está creada para saltar, está creada para amar)


Obviamente se o comparamos cos anuncios dos sesenta a verdade é que ambos difiren un pouco, poño un exemplo

Título Vespa papapapa

Más info:
VespaCanada.com
Blog Tv spot

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 17 de julio de 2008


Croc-odrilos

A estas alturas do verán un xa non sabe que porse, sobre todo nos pés, xa que despois é un espanto ao quitarse o calzado e iso.

En 2003 tres empresas de Colorado decidiron desenvolver e comercializar un novo tipo de calzado, os Crocs, esa especie de zapatillas de goma con buracos.


O que ían ser unhas zapatillas de deseño para os spa,, terminou converténdose nun obxecto de uso cotián, comparable ao sucedido ás míticas zapatillas All Star de Converse, que se crearon como calzado deportivo para practicar baloncesto.

Obviamente sobre gustos non hai nada escrito, eu persoalmente probeime uns e non me pareceron nada cómodos, pero o máis curioso é que hai unha especie de "xoiería" (Jibbitz) para adornar os citados Crocs, a cal produce cousas como esta:


Podense adquirir en Shoecharms, ó precio de 1,5 £.

A forma de colocalos é moi doado, xa que só hai que facer presión no buraco no que se queiran pór.


O que máis me chamou a atención é que con este mesmo deseño eu teño un imán que adquirín nunha tenda Pórtico (cadea de tendas con sede en Mos - Pontevedra), e había tamén llaveros e marcapáginas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 16 de julio de 2008


V&L Culleredo, agora en Galego

Pois si, decidinme o fin a publicar o blog en galego, xa que para iso nacín e vivo en Galicia.

Vaime custar un pouco e vou cometer moitas faltas, xa que non falo galego habitualmente e fai moitos anos que o estudiei (xa deberon cambiar a normativa unhas cen veces dende entón).

O dito, espero non cagala moito e acercarme deste xeito os galaicoparlantes e os nosos veciños portugueses.

Unha aperta a todos e

┌────────────┐
¡¡¡ COMEZAMOS !!!
└────────────┘


Para esta nova etapa vou enarbolar a bandeira que máis define o orgullo galego

Foi diseñada por Lezcano, que fai moito diseños para as camisetas e complementos da tenda Nicetrip (Rua Curros Enríquez, 29 baixo, no barrio de Monte Alto na Coruña).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España