O pasado martes día 15 finalizaron as Festas de Vilaboa, lugar no que resido, e non podo pasar a oportunidade de mostrarvos as imaxes dunha atracción de feira que montaron no campo da festa.
Pertence ao xa clásico carrusel das cadeas, e dos vehículos que ofrecían para montarse atopábase este par de Vespas:
O que sempre me preguntei, con respecto ás atraccións de feira, así en xeral é:
Cal é o criterio que se segue para a elección desa "popular" música dance para as atraccións infantís? Quen di se unha canción é pinchable ou non? Porque os que retransmiten as atraccións falan igual tanto estean nunha tómbola como na nora? e, o que é máis importante, Quen é o deseñador que cre que a localización máis correcta de dúas Vespas é entre o coche dos Picapiedra e un autobús escolar?
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 21 de julio de 2008
Atracción de feira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario