martes, 29 de julio de 2008


Ves-caN

"A curiosidade matou ao gato", ou iso é o que din, e, xa que no meu anterior post mostreivos a Vespa pilotada por un Shar-pei, entroume a curiosidade por ver se había máis "frikis" que relacionasen Vespas con cans.

E vaia se os hai.

Xa deixando ao carón as fotos dos que levan ao can de paseo con eles:

(Foto dun cazador co su can (pointer, pareceme), vista en Jupiter Images)

Ou máis actualmente:

(Vista en flickr)

(Vista na Galería pública de David en Picasa)

(Vista en PBase)

Aínda que neste último caso obsérvase unha falta de seguridade clara, non só do acompañante humano, senón tambien do can condutor (que para iso vai diante).

Para liquidar este problema deberían de recorrer a Zoomer Gear, que é unha empresa especializada en roupa e complementos para o perfecto can-biker.

Alí atopeime este casco:


aínda que tamén se pode adquirir un similar en Dammtrax:


Pero aínda así sempre queda algún inconsciente que cre que o mellor sitio para levar ao can é surfeando no remolque da moto (este tema tratareino noutra ocasión):



Visto en Funny videos de Video Heaven

Menos mal que a estes os parou un pouco máis adiante, este axente de Tráfico da "Gatia Civil":


Bromas aparte e continuando cos frikis, sempre hai algún que lle dá por montar ao seu chihuahua nunha Vespa a escala:


Pero o peor de todos, o que leva a medalla de ouro da relación can-vespa, vina no Blog de Asta, ""Asta's World", que é unha Foxterrier (por certo, unha preciosa raza, eu tiven un durante 12 anos), á que o seu dono non fai máis que crear uns foto-montaxe, que non sabería como describir, como di esa verdade universal, "unha imaxe vale máis que mil palabras":



Pero o máis forte ("que fuerte, que fuerte" que diria o tomate, DEP), é esta homenaxe-ofensa á oscarizada película, icona dos scooteristas, Vacacións en Roma:



Para acabar, xa que ao anterior démoslle a medalla de ouro, a este ímoslle a dar o premio especial do xurado, por converter a sua Vespa, nun Ves-can:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: