domingo, 20 de julio de 2008


Galván en Saor

"Galván en Saor" e o título dunha das novelas mais coñecidas de Darío Xohán Cabana, Gañadora do Premio Xerais de Novela 1.989, xa vai pola súa 17ª edición, e eu intereseime por ela cando hoxe vin a súa portada nunha librería.

Votadelle unha ollada:

E curioso como gracias a paixón polos scooters, se pode dar a casualidade de descubrir grandes libros e escritores galegos, que, se non fora pola imaxe da portada, ni tan siquera miraría para el.

Noraboa maquetistas e ilustradores de Edición Xerais.

Atopeime neste enlace un resumo do libro, que, despois de ollalo, animoume a ler o libro.

Atentos o argumento:

"A historia desenvólvese en dous espazos cronolóxicos paralelos, un na Galicia actual e outro na Bretaña artúrica.

Galván, o protagonista, chega a Saor despois de abandoar a demanda do Grial que lle encomendara o seu tío, o rei Artur, aos seus cabaleiros; e hospédase na taberna de Inés e Masito. Alí vai ver a Merlín que co tempo vai perdendo os poderes.
Durante a súa estadía na taberna adoitaba saír na moto, mais cando o facía vivía aventuras propias da Bretaña artúrica. Nunha destas saídas atópase cun anano preso por un cabaleiro verdoso ao que libera e que lle conduce ata o castelo de Mirez onde viven el e Silvania que teñen asediado os seis irmáns do cabaleiro verde que matou Galván.
Cando chegan Silvania e Galván namóranse mutuamente e este último, antes de voltar á taberna de Inés, promete liberar o seu castelo do asedio o día seguinte ao mediodía. O día seguinte mata a dous irmáns máis, o cabaleiro vermello e o alaranxado, nun ataque sorpresa.
Despois disto, ao estar á garda o exército destes cabaleiros, Galván foi ao seu castelo e liberou 500 presos e formou con eles un exército co que derroutou aos 4 irmáns restantes e finalizou co asedio, aínda que saíu malferido da batalla.
Volveu a taberna de Inés para non preocupala nin a ela nin a Masito e volveu partir, esta vez coa corazonada de atopar o Grial e, aínda que pensaba ir só, Silvania quixo acompañalo. Deste xeito, camiñaron durante días ata chegar a unha gran montaña (co cumio nevado) onde había unha sala, de onde saiu unha serpe que matou Galván, cun altar onde debía estar o Grial pero non estaba.
Despediuse de Silvania definitivamente e volveu para a taberna de Inés e Masito onde o veu buscar un amigo co que foi a Bretaña a última batalla do Rei Artur contra o seu fillo Mordrez, onde o seu sino era morrer.
"

Eu non son moito de ler, e moito menos en galego, pero xa que éste libro entroume polos ollos, prometo lelo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: