jueves, 17 de julio de 2008


Croc-odrilos

A estas alturas do verán un xa non sabe que porse, sobre todo nos pés, xa que despois é un espanto ao quitarse o calzado e iso.

En 2003 tres empresas de Colorado decidiron desenvolver e comercializar un novo tipo de calzado, os Crocs, esa especie de zapatillas de goma con buracos.


O que ían ser unhas zapatillas de deseño para os spa,, terminou converténdose nun obxecto de uso cotián, comparable ao sucedido ás míticas zapatillas All Star de Converse, que se crearon como calzado deportivo para practicar baloncesto.

Obviamente sobre gustos non hai nada escrito, eu persoalmente probeime uns e non me pareceron nada cómodos, pero o máis curioso é que hai unha especie de "xoiería" (Jibbitz) para adornar os citados Crocs, a cal produce cousas como esta:


Podense adquirir en Shoecharms, ó precio de 1,5 £.

A forma de colocalos é moi doado, xa que só hai que facer presión no buraco no que se queiran pór.


O que máis me chamou a atención é que con este mesmo deseño eu teño un imán que adquirín nunha tenda Pórtico (cadea de tendas con sede en Mos - Pontevedra), e había tamén llaveros e marcapáginas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: