viernes, 9 de agosto de 2013


Volta a España en Vespa 2013

Juan e Diego, dous bos amigos vigueses, a lombos dos seus dous Vespas e 4500 quilómetros por diante de ruta por España.

Ese é a formulación inicial e o que queren realizar entre o 15 ao 30 de agosto. Eiquí tendes o rutómetro que esperan seguir, así que esperemos poder recibilos en todos os seus pasos.

Eiquí tendes o video promocional desta fantástica aventura:

Podedes seguir todala sua aventura en Facebook nesta ligazón Moitisimo ánimo amigos, estaremos seguíndovos día a día, sufrindo unha gran envexa (sa, iso si). Vespa & Lambretta dene Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 6 de agosto de 2013


EscuteRafa, Memorial Rafa Blanco

O próximo fin de semana chega unha das concentracións clásicas do verán, a concentración dos amigos de Motos Vellas do Salnes, que este ano chega á súa 16ª edición, coa novidade de que convocan, para o sábado 10, unha "ScooteRafa", memorial Rafa Branco, na que farán un percorrido desde Cambados ata Caldas de Reis e volta, cunha parada en Caldas, para un pequeno acto e un pincho. A escuterada é gratuita, pero a preinscripción é obligatoria, para poder organizalo todo en función do número de participantes. O enlace para descargarse a folla de inscripción á scooterada é: Preinscripcion I Scooterafa

Para máis información visita o sitio de Motos Vellas do Salnes
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España