martes, 6 de agosto de 2013


EscuteRafa, Memorial Rafa Blanco

O próximo fin de semana chega unha das concentracións clásicas do verán, a concentración dos amigos de Motos Vellas do Salnes, que este ano chega á súa 16ª edición, coa novidade de que convocan, para o sábado 10, unha "ScooteRafa", memorial Rafa Branco, na que farán un percorrido desde Cambados ata Caldas de Reis e volta, cunha parada en Caldas, para un pequeno acto e un pincho. A escuterada é gratuita, pero a preinscripción é obligatoria, para poder organizalo todo en función do número de participantes. O enlace para descargarse a folla de inscripción á scooterada é: Preinscripcion I Scooterafa

Para máis información visita o sitio de Motos Vellas do Salnes
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: