miércoles, 29 de abril de 2009


III RUTA de Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN"


Non fai falta irse a Arganil ao 13º IberoVespa, para gozar dun día coas marabillosas escúteres e motos antigas, o vindeiro venres, 1 de Maio, celébrase a III RUTA de Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN", organizado pola Asociación Cultural Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN" e segundo informan na súa web:

"Na asociación cultural Motos Antigas "Terras de Padrón" celebraremos como xa é costume o próximo día 1 de maio a III Ruta Internacional de motos antigas, na que este ano como tamén é habitual trataremos de superar as anteriores edicións.
A inscrición de 9:30 a 10:30 será como sempre no Paseo do Espolón diante do centro social, onde vos invitaremos a un suculento almorzo. A continuación sairemos a percorrer as inigualables localidades da Serra do Barbanza bañadas polo mar da Ría de Arousa e ata o espectacular Faro de Corrubedo.
Durante o percorrido haberá algunha que outra parada para descansar e repor forzas degustando algúns dos estupendos produtos destas terras.
A continuación regresaremos ao momento de partida e trasladarémonos ata o hotel Scala de Padrón onde celebraremos unha estupenda comida todos xuntos. Ao finalizar haberá entrega de trofeos para os clubs, sorteo de agasallos entre os asistentes e
despedida....pero atención, os asistentes que así o queiran poderán ir visitar Padrón e a súa comarca (Vila Xacobea, Terra de Rosalía e dos pementos....) e pola noite sesión discoteca gratuíta para todos os participantes da ruta no hotel Scala de Padrón, co cal ademais concertamos uns prezos especiais mais que
interesantes para os que queiran durmir esta noite ou a anterior posto que tamén
pensamos nos que vingades un día antes xa que o día 1 de maio(festividade do
traballo) é un venres.
Esperámosvos."

Para ir abrindo boca, aquí teneis as fotos que saquei o ano pasado, na 2ª edición desta fantástica reunión, 100% recomendable:

II RUTA DE Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 27 de abril de 2009


13º IberoVespa, a concentración lusa

Dentro das concentracións da península é máis que destacable esta primeira "grande" dos nosos queridos veciños portugueses, tal e como din na sua web "o Vespa Clube de Lisboa vai levar a cabo nos dias 1, 2 e 3 de Maio de 2009 em Arganil, o 13º IberoVespa, o evento mais importante do panorama vespista nacional. "


Ainda estamos a tempo de asistir.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 25 de abril de 2009


Dez novas motocicletas para a Policía Local coruñesa

Este é o titular que lín hoxe en La Voz de Galicia, que non pasaría de ser meramente anecdótico, senón fose porque a foto que pubricaron ó seu carón era esta:



Incríble, eu que no seu día publiquei un post sobre escúteres policiales, e, agora, enteromo, que eiquí mesmo, xa tivemos, no seu día, uns fantásticos exemplos de escúteres ao servicio das Forzas e Corpos de Seguridade.

O artígo aparece na sección TAL COMO ÉRAMOS, que escribe Alberto Martí, e eiquí tedes a tradución compreta do mesmo:

DEZ "NOVAS" MOTOCICLETAS PARA A POLICÍA LOCAL CORUÑESA, EN MARÍA PITA/

No verán de 1967, aproveitando o bon tempo, os axentes da Policía Local coruñesa estrearon novas motocicletas, que naquela época eran de última xeración.
Na imaxen, tomada o día 8 de xullo, poden verse as dez perfectamente alineadas na praza de María Pita pouco despois de que fosen adquiridas polo Concello.
Os vehículos, tipo "scooter", non levaban impresos ainda os distintivos do corpo policial do concello.


Pois ben, despois de vela foto obviamente dinme conta de que non eran nin Vespa nin Lambretta (por selas marcas máis comuns nestes lares), así que, buscando un pouco resulta que son .... da marca Tatran, da que non vos direi nada mais, á espera do inicio da Escuterpedia.

As Tatrán policiais eran igualiñas a estas:




+ info e imágenes:

Tatran.de
Tatran.net

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 20 de abril de 2009


"Los Simpons", 22 anos de historia

O 19 de abril de 1987 "Los Simpsons" comezaron a emitirse na forma de cortos e como parte do programa «The Tracey Ullman Show», un par de anos máis tarde, o seu creador, Matt Groening, a convertiu na serie que coñecemos agora e que, o que máis oi o que menos, viu nalgunha ocasión.

Está claro que é unha serie de culto, que iniciou unha "moda" de series de animación dirixido a un público máis ben adulto, que a convertiu nun punto de referencia para as novas creacións, pero tamén temos que recoñecer que 22 anos despois, sen que creceran nin un palmo os seus protagonistas, volvese un pouco monótono e repetitivo, non só por usar ata a saciedade a línea argumental, senón polas "cen mil" repeticións que tivemos que aguantar en España por parte de Antena 3.

Durante estes anos temos un par de aparicións estelares de escúteres na serie, como no capítulo no que Milhouse intenta (coma sempre, ¿22 anos de cabazas non te din nada?) ligarse a Lisa como flamante piloto dunha Vespa:



ou cando Homer facía deporte e o apoiaba Moe, montado noutra escúter:


Fai dous anos estrenouse a película, para homenaxear os vinte anos da serie, e foi, no fondo máis do mesmo.

Pero bo, hai que dicir que, ó final, Los Simpsons convertiuse nunha imaxen que é garantía de éxito, facendo que se usen en soportes coma destacado para asegurarse unha venta segura.



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 17 de abril de 2009


Volta a Galicia, contra os gardarraís


Mañá dia 18 de abril, vaise realizar unha volta-manifestación recorrendo as 7 cidades galegas, para pedir a supresión dos actuais gardarrís e aumenta-las medidas de seguridade.

A saida realizarase dende Ferrol ás 08:30 horas e continuará coa seguinte ruta, horarios e puntos de encontro:

8:30 Saida Ferrol: Alameda (Rua Irmandiños), Avd de Esteiro, Avd, da Trinchera, N 651 Avd de Nicasio Perez, Avd. das Pias, N. 651, N. IV, Avd. Pasaje dirección Coruña.

Chegada 09:30h A Coruña, Avd. Ejercito, Linares Rivas, Canton Pequeño, Canton Grande, Paseo do Parrote, Paseo Marítimo, Rua do Matadero, Avd. Buenos Aires, Manuel Murguía, Ronda de Outeiro, Alfonso Molina, N.550 dirección Santiago de Compostela.

Chegada 11:00h Santiago

Máis información en www.asociacionmoteragallega.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de abril de 2009


O chocolate, protagonista no Luns de Pascua

Luns de Pascua, dia da Mona ou simplemente Pascua, e máis coñecida non polo seu sentido relixioso senon polo vicio "comparable co sexo" (que non sei quen foi o que fixo esa afirmación), o chocolate.

E que e o mellor co que se pode mesturar o chocolate, ..... , pensade, ....., con que vai ser, coas escúteres.

Como non, o caso e, que a imaxen máis recurrida é a do coello:



Pero isto non e unha cousa tan moderna coma podamos pensar, este molde de chocolate con vespa e conductor, foi fabricado despois da II Guerra Mundial, isto explica que o precio sexa o dunha antigüidade (89 supoño que libras) por un molde de catro pulgadas de altura, uns 10 centímetros, vino en Dad's Follies, antigüidades e coleccionables



E xa que o coello é o protagonista nun día coma este, non so o poderemos encontrar de chocolate, senón que é posible encontralo noutros soportes, xa sexa cerámica:
coma papel

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España