miércoles, 29 de abril de 2009


III RUTA de Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN"


Non fai falta irse a Arganil ao 13º IberoVespa, para gozar dun día coas marabillosas escúteres e motos antigas, o vindeiro venres, 1 de Maio, celébrase a III RUTA de Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN", organizado pola Asociación Cultural Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN" e segundo informan na súa web:

"Na asociación cultural Motos Antigas "Terras de Padrón" celebraremos como xa é costume o próximo día 1 de maio a III Ruta Internacional de motos antigas, na que este ano como tamén é habitual trataremos de superar as anteriores edicións.
A inscrición de 9:30 a 10:30 será como sempre no Paseo do Espolón diante do centro social, onde vos invitaremos a un suculento almorzo. A continuación sairemos a percorrer as inigualables localidades da Serra do Barbanza bañadas polo mar da Ría de Arousa e ata o espectacular Faro de Corrubedo.
Durante o percorrido haberá algunha que outra parada para descansar e repor forzas degustando algúns dos estupendos produtos destas terras.
A continuación regresaremos ao momento de partida e trasladarémonos ata o hotel Scala de Padrón onde celebraremos unha estupenda comida todos xuntos. Ao finalizar haberá entrega de trofeos para os clubs, sorteo de agasallos entre os asistentes e
despedida....pero atención, os asistentes que así o queiran poderán ir visitar Padrón e a súa comarca (Vila Xacobea, Terra de Rosalía e dos pementos....) e pola noite sesión discoteca gratuíta para todos os participantes da ruta no hotel Scala de Padrón, co cal ademais concertamos uns prezos especiais mais que
interesantes para os que queiran durmir esta noite ou a anterior posto que tamén
pensamos nos que vingades un día antes xa que o día 1 de maio(festividade do
traballo) é un venres.
Esperámosvos."

Para ir abrindo boca, aquí teneis as fotos que saquei o ano pasado, na 2ª edición desta fantástica reunión, 100% recomendable:

II RUTA DE Motos Antigas "TERRAS DE PADRÓN"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: