sábado, 25 de abril de 2009


Dez novas motocicletas para a Policía Local coruñesa

Este é o titular que lín hoxe en La Voz de Galicia, que non pasaría de ser meramente anecdótico, senón fose porque a foto que pubricaron ó seu carón era esta:



Incríble, eu que no seu día publiquei un post sobre escúteres policiales, e, agora, enteromo, que eiquí mesmo, xa tivemos, no seu día, uns fantásticos exemplos de escúteres ao servicio das Forzas e Corpos de Seguridade.

O artígo aparece na sección TAL COMO ÉRAMOS, que escribe Alberto Martí, e eiquí tedes a tradución compreta do mesmo:

DEZ "NOVAS" MOTOCICLETAS PARA A POLICÍA LOCAL CORUÑESA, EN MARÍA PITA/

No verán de 1967, aproveitando o bon tempo, os axentes da Policía Local coruñesa estrearon novas motocicletas, que naquela época eran de última xeración.
Na imaxen, tomada o día 8 de xullo, poden verse as dez perfectamente alineadas na praza de María Pita pouco despois de que fosen adquiridas polo Concello.
Os vehículos, tipo "scooter", non levaban impresos ainda os distintivos do corpo policial do concello.


Pois ben, despois de vela foto obviamente dinme conta de que non eran nin Vespa nin Lambretta (por selas marcas máis comuns nestes lares), así que, buscando un pouco resulta que son .... da marca Tatran, da que non vos direi nada mais, á espera do inicio da Escuterpedia.

As Tatrán policiais eran igualiñas a estas:




+ info e imágenes:

Tatran.de
Tatran.net

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: