lunes, 20 de abril de 2009


"Los Simpons", 22 anos de historia

O 19 de abril de 1987 "Los Simpsons" comezaron a emitirse na forma de cortos e como parte do programa «The Tracey Ullman Show», un par de anos máis tarde, o seu creador, Matt Groening, a convertiu na serie que coñecemos agora e que, o que máis oi o que menos, viu nalgunha ocasión.

Está claro que é unha serie de culto, que iniciou unha "moda" de series de animación dirixido a un público máis ben adulto, que a convertiu nun punto de referencia para as novas creacións, pero tamén temos que recoñecer que 22 anos despois, sen que creceran nin un palmo os seus protagonistas, volvese un pouco monótono e repetitivo, non só por usar ata a saciedade a línea argumental, senón polas "cen mil" repeticións que tivemos que aguantar en España por parte de Antena 3.

Durante estes anos temos un par de aparicións estelares de escúteres na serie, como no capítulo no que Milhouse intenta (coma sempre, ¿22 anos de cabazas non te din nada?) ligarse a Lisa como flamante piloto dunha Vespa:



ou cando Homer facía deporte e o apoiaba Moe, montado noutra escúter:


Fai dous anos estrenouse a película, para homenaxear os vinte anos da serie, e foi, no fondo máis do mesmo.

Pero bo, hai que dicir que, ó final, Los Simpsons convertiuse nunha imaxen que é garantía de éxito, facendo que se usen en soportes coma destacado para asegurarse unha venta segura.



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: