Hai que vela cabalgata de Papa Noeles que se montaron en Seul:
Eiquí tédela ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Video "A Vespa Christmas in Seoul"
Hai que vela cabalgata de Papa Noeles que se montaron en Seul:
Eiquí tédela ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Outro agasallos vespeiros
A incombustible Barbie, que cumpreu xa os 50, ten entre os seus accesorios, coma non, unha Vespa en varias cores: 






A substitución xeracional, as My Scene, tamén dispón deste bo medio de transporte: 
Pero o que máis me chamou a atención é o Baby Born:
E pregúntome eu, que deseñador de Zapf Creation ocurriouselle a idea de montar a un bebe nunha vespa? Porque o do boneco bebe o máis realista posible está ben, pero mellor que queden co de tomar o bibe, facer pipí e popó e deixen o de montar en escúter para cando sexan mozos.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Algunhas ideas para agasallar en Nadal
Xa cada vez falta menos para o Nadal, esa época tan consumista do ano, asi que, que menos que comezar a mirar que agasallos interesantes podemonos atopar.
Hoxe traiovos un balancín vespeiro a mar de logrado:


A verdade é que non lle falta detalle: 
Vino en Motoblog.it, e segundo din, esta Vespa Rocking Horse está feita de fibra de vidro, metal e coiro de imitación para o asento, o traballo dun artista certamente.
Que sorte que ten o pequeno Diego:
e que contento que se lle ve.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Video da escuterada en León
Como non so de fotos vivimos os escuteristas, permitínme grabar estes videos, no xantar e nas carreiras de lentos (e non tan lentos) que fixemos despois, nos postres.
Moi divertido si, e dificil tamén, hai que recoñecerlle o mérito os que son capaces de montar tan despacio nas escúteres.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Os Golfos Artabros en "Un año de Voz"
Hoxe pasexando polo centro da Coruña vín os cubos coas fotografías, que forman a exposizón Un año de Voz, que instalou La Voz de Galicia coas "imáxes máis impactantes do último ano".
Son 44 lámias de máis de dous metros de alto, que, coma a propia nova do xornal dicía: "Estas fotos captan a alma da Coruña".
E entre elas, cal foi a miña sorpresa, encontreime esta marabilosa foto de César Quian:
Como diría a sua Maxestade, "cheame de orgullo e satisfación".
Grazas, mil grazas a La Voz de Galicia por considerar que, o noso pequeno graniño de area, no gran apoio que se lle deu á Torre de Hércules a convertirse en Patrimonio da Humanidade, sexa para eles unha das imáxes do ano.
Eiquí tedes a ligazón á nova en La Voz.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Fotos da escuterada en León
A escuterada organizada polos amigos do Leon Scooter División esta fin de semana, co motivo do festival internacional Purple Weekend, foi todo un éxito.
Alí fumos catro Golfos Artabros (duas Vespas) a acompañar aos leoneses, pucelanos (Vesperdidos) e demáis asistentes e teño que dicir que foi unha marabilosa experiencia. O ambente mod era total e había unha boa xente en xeral que o convertiu nun finde perfecto.
Eiquí tedes unhas cantas fotos para abrila boca:Tedes o resto de fotos que saquei, neste albúm Picasa
+ info e fotos:
- Blog do Leon Scooter División
- Album Picasa dos Vesperdidos Valladolid
- Album Picasa das fotos do sabado 05 do Leon Scooter Division
- Album Picasa das fotos do domingo 09 do Leon Scooter Division
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España