martes, 5 de agosto de 2014


2ª VOLTA A ESPAÑA EN VESPINO POR SUBSTITUCIÓNS.2014 Maña chegan a A Coruña

O pasado mércores 30 de xullo, ás 7:00 da mañá, arracaba desde o Concello de San Pedro do Pinatar (Murcia)a 2ª VOLTA A ESPAÑA EN VESPINO POR SUBSTITUCIÓNS. Esta volta é unha proba non competitiva na cal un único Vespino visitará, unha tras outra, as 47 capitais de provincia españolas peninsulares. Preto dun centenar de diferentes relevistas consumirán uns 180 litros de gasolina e 8 litros de aceite para percorrer un total aproximado de 7000 km en 18 etapas. Nesta ocasión o percorrido ampliarase á localidade lusitana de Braga, que formará parte do percorrido a petición dun grupo de entusiastas do Vespino desta cidade, o Clube Vespino de Braga. É unha actividade na cal pode participar calquera persoa, relacionada ou non co mundo das motos, xa que as etapas están pensadas para que a Vespino pase de man en man facendo traxectos máis ou menos curtos, sen présa pero sen pausa, a unha velocidade media aproximada de 40 km/h. Como curiosidade dicirvos que mañá miercoles dias 6 esta Volta en Vespino chegará a Galicia.

Tendes todala información en: - Foro Vespinos.net - Club de motociclismo Avespal Podedes seguilo día a día en: - Facebook - Twiter Tentaremos estar aí para recibilos como se merecen ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: