miércoles, 1 de julio de 2015


1ª Xornada de primeiros auxilios para o motorista

As asociacións Motoleiros e Golfos Artabros Escúter Clube, organizan o próximo 11 de xullo, no auditorio da casa da cultura Pintor Lloréns da localidade de Sada (A Coruña), as 1ª Xornadas de primeiros auxilios para o motorista.





Será ás 16:30 horas cando comece a recepción dos participantes na zoa de aparcamento reservado diante da casa da cultura, para comezar cunhas charlas sobre seguridade viaria, siniestralidade e circulación en grupo.

A continuación farase un pequeno descanso e comezará a parte práctica sobre primeiros auxilios, contando coa colaboración de técnicos da Cruz Roja.

Se finalmente da tempo, farase unha pequena ruta pola localidade, pero a organización non cree que o final sexa posible.

A ventaxa desta xornadas non é só o carácter formativo básico que todos deberíamos ter, senon que as mesmas teñen un carácter solidario, xa que son en beneficio da Cruz Roja.

A inscripción é de 5 €, e a todolos inscritos daraselles un boleto para participa no Sorteo de Oro da Cruz Roja cun valor igual á inscripción.

Aló estaremos para disfrutar dunha xornada de compañia moteira, solidaridade e formación moi interesante.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: