sábado, 27 de marzo de 2010


Esta canción conta unha historia, real como a vida mesma

Atopeime con este vídeo, que creo que mostra unha interpretación perfecta do que nos sucede a moitos por culpa de involucrarnos tanto nunha restauración, xa que, os que non temos espazo (os pisos de hoxe en día, xa sabedes), convertemos os nosos fogares en auténticos talleres-degüaces, onde calquera habitación é boa para gardar ou traballar as pezas.

· Título: "I can't strip my Lambretta down in the kitchen ska blues", algo así como "Non podo desmontar a miña Lambretta na cociña".

· Grupo: The Animal Jack Band


Aquí teneis el enlace.

Mágoa que estea cambiando a tendencia da compra barata a paisanos que, pártense de risa, crendo que estamos tolos por comprarlle un ferro vello que tiña tirado na palleira.

Hoxe máis ben eses paisanos, pídenche unha millonada, por unha moto totalmente esnaquizada, porque "viron na internete que se pagan moi ben".

Aínda así seguiremos buscando vellas xoias para restaurar e manter viva esta afección.

+ info:
- The Animal Jack Band en MySpace

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: