O outro día, cando vos comentei o dos debuxos de Joe Bar Team, acordeime de que, fai uns cantos meses, apareceron tamén os debuxos de Lucky 13, un novo personaxe que, a través de varios cómics, quere potenciar a seguridade en moto, mediante consellos de condución, circulación e comportamento xeral cando se circula sobre unha.
Istes debuxos están promovidos pola Asociación Nacional de Empresas do Sector de dúas rodas (anesdor) e a Asociación Europea de Fabricantes de Motocicletas (ACEM) e foron realizados por Studio Noord.
É unha boa iniciativa para intentar, dun xeito agradablemente visual, levar a todos os públicos o tema da seguridade das motos.
Menos mal que nun par de capítulos, aparece algún escúter, porque non se pode esquecer ninguén que as nosas escúteres TAMÉN SON MOTOS:
Eiquí tedes a relación de todolos episodios (pulsade sobre eles para ver a versión en pdf):
1. Cómo evitar problemas nos cruces
2. Perigos ao borde da estrada
3. Superficies da estrada
4. Derramamentos de diesel e líquido
5. Superficies dañadas e reparadas
6. Dispositivos que acougan o tráfico
7. Perigos da noite
8. Refugallos na estrada
9. Illotes centrais
10. Curvas
11. Curvas con diminución do radio
12. Metal e pintura
13. Tratamentos no invierno e para o xeo
+ info:
- Anesdor.
- ACEM.
- Lucky 13
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 18 de marzo de 2010
Lucky 13, unha banda deseñada moteira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario