Os amigos do Vespa Club Verín, enviáronme este correo electrónico, con información moi interesante sobre unha Exposición-Paseo que van celebrar o vindeiro domingo, 21 de marzo, en Verín (Ourense).
A continuación reprodúzovolo:
"Ola Vesperos !!
Enviámosvos este correo para informar que o dia 21 de Marzo, na vila e corte de Verín, celébrase, unha Exposición-Paseo Moto Vespa e Clásicas, celebramiento paralelo á exposición de coches clásicos.
Este evento esta organizado polo Concello de Verín e Vespaquetequero Verín.
O evento inclúe, o parque pechado para todos os vehículos, paseo polas rúas e a contorna da Vila, con degustación na prestixiosa Adega de ROBERTO VERINO.
A continuación, comida nun restaurante da Vila, acompañados dos participantes da exposición de coches clásicos.
A inscipción neste evento custase 10 € por persoa como achega. (Un agasallo para cada moto)
Esperamos contar con todos vós.
Rogamos confirmen asistencia por correo electrónico ou teléfono.
Achegamos cartel do evento.
Un saúdo.
Vespaquetequero Verín"
Ten moi boa pinta aínda que á miña cáeme un pouco lonxe, (todo é animarse loxicamente), espero que o paseis moi ben.
+ info:
- vespaquetequero@gmail.com
- Teléfono de contacto: 600 466 887
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 12 de marzo de 2010
Exposición Moto Vespa y Clásicas Verín
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario