martes, 2 de marzo de 2010


20.000 moteiros, convocados nas comandancias da Garda Civil


Desconvocada a movilización social o 6 de marzo.

Lido na web da AMM - Asociación Mutua Moteira





Este é o titular da noticia que vos poño a continuación e que vin en El confidencial digital, sobre o caso do Garda Civil de Tráfico do que xa vos falara nun post anterior.

Lédeo con atención e espero que entre todos poidamos evitar que se repitán este tipo de inxustizas.

"Luns, 22 de febreiro de 2010

20.000 moteiros, convocados nas comandancias da Garda Civil para evitar que se sancione a un axente que denunciou o estado das estradas: queren colapsar a Benemérita.

Un garda civil de Tráfico, moteiro afeccionado nos seus intres libres, denunciou publicamente o estado dalgunhas estradas españolas e solicitou a inmediata atención das autoridades.

Por estes feitos, a dirección xeral da Benemérita abriulle un expediente por falta ?moi grave?.

Agora, o gremio mobilízase para evitar que dita sanción continúe cara adiante.

Os moteiros foron convocados o vindeiro sábado 6 de marzo a partir das 11 da mañá en todos os cuarteis e comandancias da Garda Civil a través da Asociación Mutua Moteira, unha agrupación que reúne a uns 20.000 afeccionados ás dúas rodas.

O seu obxectivo é presentar o maior número de queixas posible para que o ministerio do Interior dea marcha atrás.

Desta forma, animan a todo aquel cidadán que o desexe que se achegue ao posto do Instituto armado máis próximo, esixa o libro de queixas e suxestións (que ditas dependencias teñen obrigación de ter a disposición dos cidadáns) e enchelo co seguinte texto:

"Quéixome da Dirección Xeral da Policía e a Garda Civil, na persoa do seu Director Xeral, por ordenar a apertura dun expediente sancionador ao cidadán D. Juan Carlos Toribio Ramos, de profesión Garda Civil de Tráfico, por dedicar o seu tempo libre a actividades altruístas e humanitarias relacionadas coa redución dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias.

Quéixome así mesmo, de que os axentes de tráfico da Garda Civil non poidan denunciar o mal estado da estrada, ata aínda que esta poida pór en perigo a seguridade viaria dos cidadáns, xa que iso foi unha das causas doutro expediente aberto ao Sr. Toribio.

Finalmente quéixome tamén da insuficiente formación que reciben os axentes de tráfico da Garda Civil en materia de estradas e seguridade viaria.

Suxiro se de a formación adecuada aos axentes de Tráfico, permítaselles denunciar o mal estado da estrada e solicito o arquivo do expediente aberto ao Sr. Toribio Ramos.
"

A intención é colapsar o sistema administrativo da Garda Civil:

Por cada queixa han de instruír un expediente e dar unha contestación ao mesmo, polo que se o número de moteiros que protestamos é suficiente, podemos colapsalo
".

Podédevos unir tamén ao grupo de apoio a Juan Carlos Toribio Ramos no Facebook.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: