TROCO DE DATA: Vendo o mal tempo que se prevee, polo momento cambiase para o próximo 10 DE OCTUBRE
O vindeiro domingo 3 de Outubro, o Golfos Ártabros Escúter Clube, xunto co resto de escuteristas galegos que se queiran sumar, arrincaremos cara a Lugo, para estrear como se merecen as súas festas do San Froilan 2010.
E que mellor xeito de celebralas, que ir facer o máis típico nelas: ir comelo polbo.
E a suma está máis que clara, celebraremos unha Vespulpada, que este ano celebra a sua 2ª edición, na que temos que facer mención ao polbo máis famoso deste ano, o xermano Paul.
Imaxe adaptada da vista no blog Viendo al interior.
Invítovos a todos os que querade unirvos a esta Vespulpada, a que vos pasede polo foro do Golfos Ártabros Escúter Clube (Gol-Foro), onde encontraredes todala información do evento.
Vémonos en Lugo......
Eiquí tendes as fotos do ano pasado:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario