jueves, 9 de septiembre de 2010


I Encontro Vespa Club de Asturias

Se vos parece pouco o cartel para o próximo fin de semana (la 4ª Volta a Galicia en Vespa y Lambretta - Xacovespa y el 3º Encontro de motos clásicas de Oleiros), os nosos primos-irmáns do Vespa Club de Asturias, organizan o vindeiro domingo 12, o seu I Encontro Vespa Club de Asturias en Xixón.

Iste é o programa:

10:30-11:30 horas: Confirmación de Inscrición e entrega de bolsa con agasallos aos inscritos e detalle de ruta a seguir.

12:00 horas: Saída I Encontro Vespa Club de Asturias, con ruta turística.

Todo isto realizarase no parking do restaurante La posada de Somió, que está situada en Somió, a escasos minutos do centro de Xixón, nunha contorna tranquila e natural.

12:30 horas: Parada en ruta no Val de Peón, con vermouth e pincheo gratuíto para todos os inscritos.

Celebracion do torneo futbolín exprés.

15:00 horas: Voltamos ao lugar de partida, ao restaurante La posada de Somió para repor forzas cun suculento xantar.

16:30 horas: Sorteo de agasallos e despedida.

O prezo da inscrición é de 20 €.

+ info:

- Na web vespaclubasturias.com
- Por correo electrónico a info@vespaclubasturias.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: