martes, 10 de agosto de 2010


Julius & Friends & escúter

Aproveitando que vos comentei o da camiseta coa Lambretta que me comprei, na mesma tenda vin varios produtos de Paul Frank, co conocidísimo Julius (en todas partes) e iso recordoume que fai un par de tempadas, a imaxe de Paul Frank era, precisamente a de Julius e os seus amigos, en escúter.

O único que atopei (a dia de hoxe) relacionado cos escúteres, son un bloc de notas:

e un casco para moto:

Xa vedes o que pode dar de se un mono e demais animais.

Todo é cuestión de imaxinación, e parece ser que Paul Frank tena, porque dende colocar ao mono conducindo un escúter, pasando por facelo rockeiro ou un demo, fixando eses deseños tanto a roupa, como a útiles de escritorio, como a auriculares, a "vida" de Julius creo que se vai a alargar ata a saciedade.

Tendes eiquí unha gran recopilación de videos de Julius & Friends.

Seguiremos atentos a súa evolución.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: