Fai un tempo (bastante a verdade) escribira un post (Construye tu propio scooter) sobre uns escúteres que se fixeran con pezas de Lego.
Nesta ocasión atopei en Flickr a alguén que levou máis aló está construción, personalizando a Vespa resultante dun xeito moi británico:
E como non podía ser doutro xeito, que mellor que porlle un condutor cunha estética puramente mod (e vaia expresión que lle puxeron á faciana, simplemente fantástica):
O conxunto é verdadeiramente curioso:
Hai que recoñecer que os hai tan (ou máis) frikis do escuterismo coma eu.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 5 de agosto de 2010
Lego Vespa & Mod
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario