Outra máis para o próximo fin de semana.
Aa Asociación Amigos do Casco Historico de Betanzos, organiza, o vindeiro sábado 28 de agosto, a 1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos.
A concentración terá lugar na praza da Constitución de Betanzos en horario aproximado de 9,30 h. a 14,30 h.
Para participar na concentración será necesario realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta picando nesta ligazón, e, segundo informoume a organización, agradecerían que se fixese por este medio para poder así saber con cantos participantes contar.
A preincripción tamén poderá realizarse chamando aos seguintes teléfonos:
620 082 498 (Gabriel) - 686 715 020 (Alberto)
E para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:
clasicasbetanzos@gmail.com
A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, en horario de 9:30 h. a 11:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante
Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1985
As motos permanecerán en exposición das 11 h. ás 14:30 h.
A partir das 12 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.
RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
A partir das 13:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.
ENTREGA DE PREMIOS
Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios e recordos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.
Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes, co que se rematará esta I Concentración de Motos Clásicas en Betanzos.
+ info:
- BetanzosHistorico.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 23 de agosto de 2010
1ª Concentración Motos Clasicas Cidade de Betanzos
Etiquetas:
A Coruña,
Concentracións,
Concentracións galegas,
Motos Clásicas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario