O pasado fin de semana o Golfos Ártabros Escúter Clube asistimos invitados a montar unha caseta na III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, celebrada no FIMO en Ferrol e, a pesar dos comentarios que oín doutros expositores, para min, foi todo un éxito.
Dende o comezo da montaxe da caseta:
no que o gran espazo que nos reservaron pareceunos excesivamente grande e catro motos nunha esquina parecía que ía ser imposible encher "decentemente" toda a caseta:
Segundo iamos colocando máis motos e adornos:
a cousa xa foi tomando cor e aos poucos conseguimos unha distribución e calidade final da caseta, nada despreciable (tendo en conta que era a primeira vez que nos metiamos nun berenxenal así)
Todalas fotos da casetaneste album Picasa.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 27 de abril de 2010
Expoclasicos en Ferrol - 1. Crónica e fotos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario