As bicicletas son para o verán non é só unha obra de teatro escrita polo falecido Fernando Fernán Gómez, senón que se converteu nun dito máis que popular, así que, xa que temos o verán ás portas (a estación en si, porque a climatoloxía parece que non o sabe), que menos que vaiámonos preparando para gozar das nosas bicicletas, que ademais de ser beneficioso para a saúde, contribuímos a contaminar un pouco menos.
Pero, ¿como compaxinar o uso e goce da bicicleta, sen renunciar á nosa querida escúter?
Moi fácil, seguindo este exemplo:
Fusión perfecta entre unha bicicleta e unha Vespa.
Non, non é un Vespino, é máis ben unha Vespacleta.
Cousa distinta é o que fixo estoutro, que se esqueceu do de non contaminar e motorizou unha bicicleta, algo así coma unha Biciclespa, xa que isto non ten nome:
Pero bo, se non queredes facer uns traballos tan profundos de bricolaxe escuteril, eu propóñovos que o mellor para compaxinar escúter e bicicleta sexa axustarlle este portabicis á nosa Vespa e así non nos complicamos tanto:
E sobre todo non vos esquezades, "En Vespa e bicicleta o casco protexe a cabeza". (caralliño, que bonita rima quedoume).
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 10 de junio de 2010
Escúter e bicicleta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario