Aínda que o tempo non acompañou, o pasado sábado achegueime a ver o 1er Mercadillo de Trastos Bellos Cidade de Lugo, e hai que recoñecer que, para ser a 1ª edición, estivo moi ben organizado e bastante completo.
Alí podías atopar de todo un pouco, motos de todos os tipos:
bicicletas antigas:
, maquinaria agrícola:
,bastantes casetas de repostos tanto de coche, como de moto, bicicletas, etc:
ata miniaturas e xoguetes antíguos como esta preciosa Lambretta de pedais:
Pero bo, eu, como sempre centreime nas miñas queridas escúteres e haber había de todo, desde esta T5 por 200 €:
pasando por un par varios modelos de Vespa, por un pouco menos de 2000 €:
ata esta Vespa 150, que o dono non debía de ter moitas ganas de vender, xa que pedía a friorenta de 7000 € (vaia animalada):
Hai que recoñecer que realmente gustoume moito o ambente que se formou ao redor do mercadillo e desexo que o evento perpetúese durante moitos anos máis.
Tedes o resto das fotos neste albúm Picasa:
E aproveitando que esta de paseo por Lugo, topeime, á beira da catedral, con esta Vespa Mod, que xa vira nalgunha outra ocasión rodando pola cidade, pero nesta ocasión conseguir "cazala":
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 14 de junio de 2010
Fotos 1ro Mercadillo de Trastos Bellos en Lugo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario