lunes, 4 de octubre de 2010


Vespadicto, agora .es

Xa que onte felicitaba aos Vespeinados pola súa nova web, non podo deixar pasar a oportunidade de felicitar a Damián, O blogueiro escuterista galego, por iniciar unha nova etapa do seu fantástico blog, agora co dominio Vespadicto.es.

Permítome copiar a última entrada que publicou no seu antigo blog na Coctelera, a modo de despedida:

"foron 5 anos marabillosos, pero como din por aí: "renovarse ou morrer"

426 post, 2.666 comentarios e máis de 500.000 visitas... entrar en google, teclear "Vespa" e que apareza Vespadicto entre as primeiras referencias, é unha realidade que me encanta e que debe ter continuidade, pero a outro nivel e con máis implicación pola miña banda.

Todo isto débollo á xente tan estupenda que coñecín nestes 5 anos, a miña vespa, a miña lambretta e especialmente aos ensinos dun tipo listo e decatado nisto do internet: Daniel Martí (grazas mestre)

Perdoade as veces que metín a pata... foi sen querer.

A partir de agora estaremos en Vespadicto.es, dando cana no mundo do scooterismo e publicando de forma máis habitual.

Grazas a todos de novo... vémonos na estrada!!
"

Grazas Damián, por todas esa información que compartiches e segues compartindo con todos os que amamos esta afección e aproveito a ocasión para recoñecer que, grazas ao teu blog, animeime eu a iniciar este para, coma ti, poder compartir as miñas inquietudes neste mundo.

Grazas compañeiro, e segue así.

Recordade que agora podedelo seguir en www.vespadicto.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: