O outro día, cando estaba na sala de espera dun médico, revisando as revistas que tiñan a única que non era exclusivamente de contidos femininos foi Diseño Interior, onde topeime con este artigo sobre un túnel peonil e para bicicletas nunha localidade holandesa, o chamado Pixelpoort:
"Túnel en Zaandam (Holanda) en 60 segundos
Un túnel en Holanda convértese nun paseo polo país, onde os estereotipos e as sorpresas mestúranse con gran acerto. Trátase dunha experiencia diferente de arte urbana na que os autores implicaron á poboación da zona. Pixelpoort -subterráneo de píxeles- é o nome deste paseo colorista e exprés. "Dos 280 metros de lonxitude do túnel, 65 son baixo terra. Esa parte subterránea é unha paisaxe de fantasía. Depende do que o percorre decidir se é positiva ou negativa. O resto, as dúas pequenas pendentes, presentan debuxos realistas, escenas que poderían suceder na vida cotidina de Zaandam". O túnel comeza a fraguarse fai catro anos. Overtreders W, os autores, acababan de abrir o seu estudo en Zaandam e ningún dos seus compoñentes coñecía a zona, así que á hora de expor o túnel ?parte dun gran proxecto de infraestruturas que se prolongou durante varios anos? puxeron como condición que a xente do pobo puidese mandarlles debuxos. Máis de 800 persoas mandaron as súas propostas. Todo un éxito."
Curiosamente unha das fotos que acompañaba o artigo era esta:
Nin peón nin bicicleta, en Vespa...
Teño que recoñecer que ten que ser unha preciosidad este túnel:
+ info:
- RevistaDiseño Interior
- Pixelpoort.nl
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 11 de marzo de 2011
Pixelpoort en Vespa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario