viernes, 24 de febrero de 2012


A miña vista o II Retro Galicia

O pasado sábado despraceime ata Santiago para gozar da 2ª edición do Salon do vehículo clásico e de época, RETRO GALICIA e a verdade é que me chamou a atención un par de curiosidades, con respecto á edición anterior:

- A calidade dos vehículos exposto non me defraudou, había boas máquinas e con moito estilo.

- Os postos de venda de artigos, do mesmo xeito que na edición anterior, estaban compartindo espazo coa exposición de vehículos, o cal creo que desmerece un pouco a estes últimos.

- A única vantaxe destes postos é que houbo máis variedade, non só vendíase recambio nin maquetas, senón que os dous postos de libros era moi completo, e un, de cámaras fotográficas antigas, encantoume.

- Botei en falta máis motos antigas.

- A segunda fase do pavillón, estaba ocupado no seu maior parte por unha colección increible de Porsche, pero iso obrigou a que o espazo para o resto de vehículos vísese minguado.

Bo, e despues destas opinións persoais, pasamos ás fotos.... que as disfruteis:

O resto de fotosnesta ligazón

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: