martes, 19 de abril de 2011


Crónica e fotos do 2º Burgos Scooter Fest

Pois como xa vos fun contando pasei un bo finde en Burgos, gozando do 2º Burgos Scooter Fest.

A viaxe de ida, facendo noite en León foi un pouco movida por culpa do vento, pero polo demais tranquilo en xeral.

O sábado, día principal do festival, arrinquei de Leon ás 9 da mañá e ás 11 e media estaba xa diante do Museo da Evolución Humana, punto de encontro de todolos participantes.

Como parecía que se deitaran tarde o día anterior, aproveitei para ir á habitación do hotel a soltalos bartulos e aproveitar para encher o depósito para todo o día, cando volvín a diante do museo xa empezaba a animarse a cousa.

Logo da inscrición e recoller a bolsa de recordos (grazas pola morcilla, jeje) aproveitei para facer unha pequena reportaxe fotográfica das fantásticas máquinas alí expostas:

Onde puiden ver curiosidades coma estas dúas:

Despois arrincamos a unha ruta polos pobos dos arredores de Burgos, por unhas estradas moi divertidas.

Ata chegar ao pobo onde se atopaba o restaurante, onde nos metemos unhas fabas pintas e un lechazo que estaba de vicio...

Logo do xantar procedeuse á entrega de premios, onde me deron o do escuterista que rodara máis quilómetros para chegar á concentración. Grazas.

E o sorteo de agasallos (onde tamén me tocou unha buxia, un bote de aceite e un parasol para o coche, pleno...).

A única nota negra da ruta foi a caida dunha moza por culpa da grava miúda, pero "solucionouse" por parte da organización regalándolle un casco, ánimo, que o importante é non facerse dano.

Despois fómonos á "sede do cub" dos amigos do Scooter Club Burgos, o café Carabás, onde logo de tomar un delicioso té, aproveite para arranxarlle a luz dianteira da TX que fallaba.

Un intre de paseo por Burgos, para aproveitar para estirar un pouco as pernas e de volta para a habitación para refrescarme, descansar e prepararme para a noite.

Sobre as 21:30 cheguei á Sala Estudio 27, onde nos serviron unha cea fria (algo tarde a verdade) e gozamos do concerto de Las Gildas primeiro. Cos amigos do Vespa pa pa de Zamora funme a cear algo e despois voltamos gozar do concerto de Los Brebajes... e ata aquí, o meu corpo xa me pedía descanso.

Á mañá seguinte levanteime con ganas de facer quilómetros porque arrinquei directamente para volver a casa, enganchei a autovía e non a soltei ata o Bierzo, onde preferín subir Pedrafita pola nacional, aínda que a TX parece que non lle gustou a idea e negouse a cambiar de marcha. Metín a 2ª para coroar o porto e alí conseguín que entrase 4ª así que a piñon ata Lugo.... pero no Corgo xa dixo que non máis...

Bo pois para iso está a grua, fin da viaxe...

Un fin de semana intenso, con 1000 quilómetros baixo o cu, e cunhas marabillosas compañias, moitas grazas a todos polo recibimento e por facerme sentir un máis ...

Vémonos en calquera outra ...

Eiquí tendes todalas fotos que saquei:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: