lunes, 15 de septiembre de 2008


Crónica do Vespeinando Galicia 2

Pois xa está, xa pasou, xa se acabou a 2ª Volta a Galicia en Vespa, organizada por Vespeinados.com (Vigo Scooter Club).

Eu que me unín a eles na 3ª etapa, dende Santa Cristina ata o fabuloso cocido de Lalín, teño que dicir que mo pasei en grande.

Moi boa xente esta de Vespeinados.com, mágoa que polo camiño quedóusenos xente avariada (un saúdo Ricardo, temos máis dunha saída pendente).

Foron uns 130 quilómetros de ruta fantástica.

O tempo acompañou, a xente ía moi animada (a pesar de levar encima 300 quilómetros do sábado) e ademais marcámonos unha boa visita ao Castelo de Pambre (Pas de Rei), mágoa que estaba pechado (e custodiado por un ladrador empedernido).


Ademais da visita, fixemos unha repostaxe repartidos entre Curtis e As Corredoiras.


Unha parada nos arredores de Monterroso para ver a saída do gran premio de Italia de Formula 1 (pegámoslle a todo).

E por fin chegamos a Lalín, onde nos esperaba un delicioso cocido, que, a pesar de estar a vintetantos graos, entraba de marabilla.


Sobre as cinco da tarde, arrincamos de novo motores e puxeron dirección Vigo.

A min tocoume regresar só, xa que, os outros representantes do triángulo scooterista (Betanzos, Coruña, Ferrol), Ricardo e Marcos (ao que non cheguei a coñecer, todo andarase) quedaron avariados polo camiño.

Aínda que en lugar de volver pola ruta máis curta, funme ata Lugo e despois, tras a parada pertinente na festa familiar en Baamonde, continuei ata casa, ou o que é o mesmo, outros 160 quilómetros pro body, pero bo, sarna con gusto non pica.

Tedes o resto de fotos aquí.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: