sábado, 20 de septiembre de 2008


Os perigos da carretera

A estrada está chea de perigos para o motorista, pero un dos máis preocupante, neste caso, son os insectos.

Xa quitando os que parecen pedras dá'quilo, o pequenos case son os máis preocupantes se vas, como o que me pasou a min, sen lentes nin pantalla.

Póñovos en antecedentes: Compreime un casco precioso (esta mal que eu o diga pero é certo) tipo calimero, forrado en coiro branco e azul, para utilizar con lentes de aviador, pero xa vos digo, PARA UTILIZALAS.

Pois facendo hoxe uns quilómetros, andaba buscando na zona de Arteixo unha cervexería chamada Vespa, que, atopar atopeina, pero estaba pechada baixo sete chaves sen cartel de "volvo nun momento" nin nada, mágoa de posible local de quedada; pois ao que ía, continuaba facendo quilómetros e ao pasar de regreso por Cambre, a min que me gusta gozar do aire na cara ía, como non, sen lentes nen nada, ao que un mosquito a reacción deulle por suicidarse ao kamikaze contra o meu ollo e, zas, picor ao canto.

O típico, frega de aquí para ver se o saco, move as pálpebras para desprazalo e nada, irritación ocular, o normal.

Cando me viu a miña muller co ollo á virulé, o de sempre, colle o coche, a urxencias ao hospital e, está claro, logo de catro interminables horas na sala de espera, diagnóstico: un colirio e unha pomada (caraio que grima) durante cinco días.

Así que xa sabedes, se ides gozar da estrada, protección.

Agora non me parece tan raras algunhas das leis Norteamericanas, xa que hai estados nos que para andar en moto non é obrigatorio o uso do casco pero si que che obrigan a usar lentes, non saben ná estes gringos, ás veces fan cousas con sentido, coma por exemplo esta permitir inventar esta fantástica matrícula:


(Que ben traído o tema para poder pór algunha imaxe, que ía ser dun post sen unha fotiño que o alegre un pouquichiño).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: