miércoles, 2 de octubre de 2013


Cronica e fotos do 60 aniversario Vespa España

O pasado fin de semana, logo de desprazarme máis de 500 quilómetros na TX para asistir ao 60 aniversario de Vespa España só podo resumir a concentración nunha autentica decepción. Non quero facer feridas na iaga nin culpar a ninguén pero, na miña modesta opinión, o que prometía ser o evento do ano quedouse nunha concentración ao uso, máis ben normaliña. A falta de programa e actividades foi evidente e a escusa que me puxo algún organizador, que foi por culpa da choiva, pois que queredes que vos diga, en Galicia todos sabemos que chove bastante e aquí fanse concentracións todo o ano e, a min, iso non me vale coma desculpa. Espero que esta pequena crítica (constructiva sempre) valla para que algún se mire o ombrigo e pense no que se fixo e podíase facer e, algún dos detalles da propia organización (que a min persoalmente non me gustaron nadiña), non se repitan. É unha sensación moi estraña o ires a unha concentración como esta con toda a ilusión e estar desexando que se acabe para poder regresar a casa, cousa que foi o que me paso a min. Bo agora xa pasou e queda no recordo.... O único que vos podo aportar positivo son as fotos que saquei (que coñecéndome son moi poucas):

- Eiqui tendes o album co resto de fotos Sento moito que isto poida ferir a alguén pero considero que as cousas hai que dicilas. Sorte nas próximas. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: