Hoxe quixen titular esta entrada con este slogan tan de souvenir, porque cumpre perfectamente a sensación que tiven o domingo pasado en Cuntis, onde o único que botei en falla foron aos familiares e amigos que, por os seus distintos motivos, non poideron vir.
130 escúteres, máis de 300 persoas, unha auténtica tolería, e todos quedámonos cun aire de boa satisfación nunha concentración que se organizou pouco a pouco, entre catro amigos, e na cal, finalmente, rematamos reunidos escúteristas de toda Galicia.
O mal sabor de boca que nos deixara o Invernovespa, por culpa do trato recibido por parte do Concello de Santiago, quedou no olvido polo recibimiento e apoio que nos deron en Cuntis o Concello, Policía Local, Gardia Civil, Protección Civil e todolos seus veciños.
GRACIAS, MIL GRACIAS A TODOS
Esta imaxe reflexa perfectamente a que se liou en Cuntis, con todos estes "tolos" enrriba das suas monturas polas ruas dunha pequena vila que se converteu, por un día, na capital do escuterismo galego.
Graciñas a todala organización, que a pesares de selo primeiro "embolado" no que se metían, tiveron bos detalles, coma por exemplo o photocall polo que case todos pasamos(anque eu prefiro chamalo porcocall):
Pinchade na seguinte imaxe para ver máis fotos do evento:
+ info e fotos en:
Vespalacón.com
Blog de Vespadicto
Foro de Vespeinados.com
Foro de Golfos Ártabros Escúter Clube
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario